menú
xacobodetorocaharron

Xacobo de Toro Cacharrón, o profe youtubeiro

02/07/2018
Blog R

Xacobo de Toro Cacharrón (A Coruña, 1977), é profesor de bioloxía e xeoloxía no IES Urbano Lugrís de Malpica. Hai uns meses foi premiado como o quinto mellor profesor de Secundaria de España. Educa e Miac (Maestros Innovadores, Alumnos Competentes) outorgáronlle este premio polo seu xeito diferente de impartir as súas clases de ciencia.

Este coruñés estudou bioloxía na Universidade da Coruña e estivo becado na University of York (Reino Unido) e na University of Queen’s (Irlanda do Norte). E antes de chegar a ser profesor, traballou como camareiro, animador sociocultural, divulgador ambiental, asesor educativo, biólogo de empresa e, como non, tamén foi bolseiro na universidade.

Hai uns anos fixo a súa tese doutoral na Universidade da Coruña sobre o e-learning no ensino secundario. E posteriormente foi asesor educativo na Fundación Barrié no ámbito científico-tecnolóxico.

Un profe interactivo

No ano 2007 comezou a súa traxectoria como profesor nos sistema educativo de Galicia, ata o momento leva percorridos 17 centros educativos.

Foi no 2009 cando creou a súa canle de Youtube na que sube as súas leccións, ás veces acompañado doutros colegas de profesión cos que colabora.

O seu obxectivo é expoñer as clases de xeito diferente e así empatizar cos seus alumnos. Xacobo evita empregar o formato de clase maxistral. “O que lle indico aos meus alumnos é que vexan a clase na miña canle de youtube e despois na clase traballamos de xeito constructivo”, comenta o profesor coruñés.

Son moitas as ferramentas de aprendizaxe que emprega, iso si, todas interactivas e os alumnos poden botar man delas dende o seu móbil. A videocreación, a gamificación e o flipped classroom, o vídeo interactivo a través da plataforma Edpuzzle, o club de ciencias ou os desafíos de cuestionarios entre os alumnos converten as súas clases en máis motivadoras e activas.

 


 

Os alumnos de Xacobo a comezos de curso descargan unha serie de apps para poder traballar nas clases. Destacan Kahoot, especializada na creación de cuestionarios sobre contidos educativos (está dispoñible para Android e iOS), e Socrative que tamén se basea na creación de cuestionarios e no método de flipped classroom (tamén dispoñible para Android e iOS).

Realidade virtual, vídeos en “galinglish” e en Lingua de Signos

E por se fose pouco, tamén emprega a realidade virtual nas súas clases. Un dos seus proxectos máis destacados deste curso foi o Areeiro de realidade aumentada.

 


 

O pasado ano Xacobo e o IES Urbano Lugrís obtiveron o premio da Plataforma Proyecta por un vídeo semellante ao do Areeiro. Era sobre paisaxes de Galicia en 3D chamado “Paisaxes vividas”.

 


 

A maioría dos seus vídeos están en galego, pero hai algunha excepción na que combina o galego co inglés, “galinglish”, grazas á súa colaboración coa súa prima, Nina de Toro, que vive en Edimburgo.

Deste xeito, os seus contidos poderán chegar a moitos máis alumnos, non só aos galegofalantes.

 


 

Aínda que non só os alumnos de secundaria ven os vídeos da canle de Xacobo, a maior parte do seu público ten entre 21 e 30 anos e residen en España. Pero tamén ten seguidores en América do Sur e Filipinas. “Estes datos son bastante curiosos”, apunta o profesor youtubeiro.

Está máis que claro que a paixón de Xacobo é a educación e para el non hai barreiras. Deste xeito, colabora cun grupo de intérpretes de signos de lingua española para crear vídeos sobre a ciencia para as persoas xordas.

 


 

Un currículo de premio

Xacobo non para de traballar: participa como relator en diferentes xornadas, colabora en diferentes proxectos co seu querido compañeiro Xosé Viñas, redacta artigos para revistas educativas e acode a diferentes congresos.

O seu traballo vese reflectido nos premios que leva recibido nestes últimos anos. Un dos máis destacados foi o Premio Europeo de Innovación educativa entregado por Scientix.

Tamén obtivo en varias ocasións premios do certame Youtubeiros, a última vez foi este ano na categoría “opinarmos”.

 


 

Con profesores como Xacobo podes estar seguro de que as novas xeracións estarán máis que preparadas no seu futuro. É que xa se sabe, en Galicia haiche moito talento.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.