Pazo de Vilane: galiñas ben coidadas, ovos excepcionais
Hoxe achegámosvos outra historia do Mercado da Colleita que fala, claro, de emprendemento no rural. Os produtos de Pazo de Vilane están presentes na tenda pop-up de Vigo (Policarpo Sanz, 28/ http://bit.ly/1EUSEyU) coma estiveran tamén na tenda efímera da Coruña o pasado verán. O proxecto de Pazo de Vilane renaceu nos anos 90 coa idea de lle devolver vida ao pazo familiar e desenvolver unha iniciativa sostible para producir basicamente ovos poñendo, sobre todo, unha gran dose de agarimo, coidado e ilusión na tarefa.
“Canto máis dura sexa a terra, mellor para as nosas galiñas!”, din eles. Ovos campeiros de calidade de galiñas criadas en liberdade nun contorno natural extraordinario.
Por se estades despistados, o Mercado da Colleita é unha iniciativa de Corporación Hijos de Rivera, (co apoio de Gadis e R) para impulsar a competitividade de Galicia mediante el desenvolvemento socioeconómico do rural. www.mercadodelacosecha.com.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.