menú
El sueño cumplido del jugador Álex Rey en el Dépor Genuine

O soño cumprido do xogador Álex Rey no Dépor Genuine

02/05/2022
Blog R

O Deportivo Genuine fixo realidade o soño de Álex Rey: xogar ao fútbol; e facelo coa camiseta do club que seguiu dende neno. Álex vén de volver das Palmas, onde o Dépor xogou os primeiros partidos da tempada 2021-2022 de LaLiga Genuine Santander, que disputan futbolistas do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual).

E estivemos charlando con el sobre esta experiencia, os valores de compañeirismo e moito máis. En R levamos anos aprendendo auténticas leccións de vida grazas a persoas marabillosas como Álex e a todo o equipo do Dépor Genuine. Por iso seguimos camiñando a carón del como patrocinadores.

Deixámosche aquí a entrevista completa con Álex Rey.

Álex Rey, jugador del Dépor Genuine

Sempre che gustou o fútbol?

Sempre, dende moi pequeno. Dende os sete anos son socio do Deportivo. Sempre me gustou o fútbol e xogar ao fútbol.

Por que decidiches xogar ao fútbol no Deportivo Genuine?

Xogar coa camiseta do Dépor era un soño inalcanzable. A medida que crecía nos equipos nos que estaba, non encaixaba e non me poñían a xogar. Co Dépor Genuine tiven a oportunidade de xogar e ademais, de facer realidade o meu soño.

Que é o que máis che gusta do traballo diario?

En xeral, todo. Os adestramentos, compartir cos compañeiros, a relación cos adestradores…

Que ambiente hai no equipo? e que é o que máis che gusta?

Hai moi bo ambiente. Gústame todo.

Que é o que máis che achega da experiencia de xogar nunha liga profesional como a Genuine?

Persoalmente, o orgullo de pertencer a un club como o Deportivo, de defender o seu escudo e sentirme parte del. Logo, vivir as viaxes, as concentracións, compartir cos meus compañeiros/as.

R patrocinador del Deportivo Genuine

Como vos vedes este ano na competición?

A pesar da pandemia estamos mellor que outros anos. Creo que se vai vendo o traballo destes anos, tanto o noso como o dos nosos/as adestradores/as, que fan un gran traballo connosco.

Cal é o equipo que máis respecto che dá?

Respecto téñolles a todos, pero creo que este ano estamos todos moi igualados, non vexo a ningún que sobresaia por encima dos demais.

Recomendarías seguir o teu camiño a calquera persoa?

Dende logo que si. É un privilexio pertencer a un club como o Deportivo e á liga Genuine por todos os valores que representa e vivir a experiencia das viaxes e de compartir con outros equipos.

Que lle pides a este ano no persoal e no deportivo?

Seguir mellorando tanto como persoa como laboralmente. E a nivel deportivo, seguir gozando cos meus compañeiros/as e os meus adestradores/as, e quedar clasificados/as o mellor posible.

Moitas grazas, Álex Rey, por compartir con R a túa experiencia.

Estamos seguras de que che espera unha tempada chea de éxitos.

Sorte!!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.