menú
noemi-bellas-libolis

Noemí Bellas: “Líbolis somos como as natillas, os nenos sempre queren repetir”

16/04/2019
Blog R

Noemí Bellas é a fundadora e directora de Líbolis. Trátase dunha empresa moi peculiar coa que traballamos para facer cousas tan chulas como crea R, que nos encantan!

Cando Noemí saíu da universidade tiña claro que quería conxugar “o mundo das ideas, da innovación e o emprendemento” na súa profesión.

Así, en 2014 nace este proxecto, ao que lle foron dando forma probando. Líbolis en resumo fai “cousas guais con nenos, para as marcas”.

Cousas guais

O slogan desta empresa sempre nos chamou moito a atención, que son cousas guais? Pois falamos de obradoiros de robótica, de reciclaxe, laboratorios para resolver problemas como a adaptación dun edificio a persoas con mobilidade reducida, ou obradoiros de emprendemento nos que constrúen un posto de limoada, por exemplo.

Estas experiencias son “deseñadas a partir dos obxectivos e valores das marcas, e orientadas potenciar as habilidades e competencias de nenos e nenas”, afirma a fundadora. E por iso nos gusta tanto traballar con eles.

 “É moito máis fácil sorprender un adulto que a un neno”

Contrario ao que poida parecer, traballar con nenos non é tarefa sinxela. Noemí contábanos que “as nenas e os nenos son o público máis esixente, é mucho máis fácil sorprender un adulto que un neno”, porque hoxe en día un neno ten un abanico tan amplo de posibilidades, que pouco lle é xa alleo.

Unha boa forma de medir o éxito dos seus proxectos é que “se non queren irse nunca das nosas actividades, é que o estamos facendo ben”. E en crea R, ata repiten!

O obxectivo principal de todo isto, e unha das cousas que máis lle gusta a Noemí do seu traballo, é que conseguen que os nenos tomen consciencia e experimenten: “estamos a cambiar ás persoas que van cambiar o mundo”, e non se pode pedir máis.

robots-crea-r-01_778

Os talleres de programación e robótica están por todos lados. Pero, grazas a Líbolis, aquí dámoslles un toque diferente. Un neno pode programar? Noemí di que “os nenos poden facer todo aquilo que os adultos sexamos capaces de ensinarlles, debido a que son unha bomba de potencial”. Do que se trata é de ensinarlles que a tecnoloxía non é un fin senón un  medio.

A mensaxe que queremos trasladar con crea R, como define Noemí, é que “debemos ensinar aos nosos nenos e nenas a utilizar a tecnoloxía para crear e solucionar os retos mundiais máis importantes”. Eles serán quen cambien este mundo no que vivimos.

“É unha nova maneira de demostrarlle aos nenos que teñen a capacidade de idear solucións a retos”

crea R é o noso proxecto que engloba nenos e tecnoloxía. Con el buscamos fomentar as capacidades creativas e innovadoras dos nosos pequenos. Para iso propoñémoslles un reto que teñen que solucionar eles mesmos, traballando xuntos e utilizando a tecnoloxía.

“É unha nova maneira de darlle voz á Infancia e demostrarlles que teñen a capacidade de idear solucións a todos os retos que lles propoñemos, desde cidades sustentables, mobilidade…”, comenta Noemí. Ademais, “comproban que ante o mesmo reto cada equipo obtén unha solución diferente”, de paso aprenden que non hai unha soa resposta a un problema. Hai tantos como cabezas pensen!

robots-crea-r_778

A pregunta estrela ao final de cada obradoiro é cando volvemos, e que se poden ter un pouquiño máis de tempo. “Se a isto lle sumamos que unha boa porcentaxe apunta con que materiais tecnolóxicos traballamos para poder compralo e traballar nas súas casas, pois estamos a conseguir os obxectivos do programa”.

Porque se diso trata, de que aprendan que eles poden facer todo o que se propoñan.

É máis, hai pais que “trouxeron aos mesmos nenos ao mesmo taller en diferentes localidades, somos como as natillas!”. E iso fainos moi felices.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.