menú
Los músicos gallegos vuelven a sonar en directo

Os músicos galegos volven soar en directo

21/06/2021
Blog R

O Día da Música 2021 significa moito máis este ano. E é que non só marca o inicio do verán o 21 de xuño; esta vez supón o regreso dos músicos galegos aos escenarios. Despois dun ano marcado polas restricións, os nosos artistas volven á estrada, porque a cultura é segura.

Sube o volume porque este post é para ler e escoitar 😉.

Xoel López

A súa canción “Lodo” do disco “Sueños y Pan” de 2017 foi a escollida para lle poñer banda sonora á campaña “Camiña a Galicia” do Xacobeo 21-22.

Deste temazo e do seu último traballo “Si mi rayo te alcanzara” estivemos a charlar co músico galego hai uns meses.

E este verano Xoel López ten a axenda completa de concertos para presentar ese novo disco, que soou tamén na serie “El desorden que dejas”, de Netflix.

Consulta aquí as paradas da xira.

Iván Ferreiro

Moi amigo de Xoel, con quen colaborou en numerosas ocasións -entre elas cantando a dúo o clásico “Turnedo”-, Iván Ferreiro atópase inmerso na presentación do seu último proxecto “Cuentos y canciones”.

O artista galego repasa a súa carreira musical nunha viaxe chea de historias, versións e cancións, nun formato a medio camiño entre o concerto e a narración de historias.

Non perdas de vista as próximas datas.

Triángulo de Amor Bizarro

O grupo galego sorprende coa súa última proposta “Detrás del espejo: Variaciones y ecos”. Nel, 15 artistas reinventan as cancións dun disco homónimo que a pandemia impediu presentar en directo.

Músicos como Carolina Durante, J dos Planetas ou Soleá Morente fan unha versión destes temazos:

Sigue no seu Twitter todas as datas da xira.

Novedades Carminha

O grupo de garage e punk leva dando tralla dende 2009, cando publican o seu primeiro álbum “Te Vas con Cualquiera”.

Hoxe o cuarteto compostelán segue facendo bailar aos seus numerosos fans coas cancións do seu disco “Ultraligero” e o seu pegadizo último single “Mucho Nivel”.

Consulta a súa axenda de concertos aquí.

SÉS

SÉS é o fenómeno musical dos últimos anos da escena galega. No seu último “Liberar as Arterias” mantén a súa valente mensaxe.

Dende o seu primeiro disco en 2011, SÉS, triunfou grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues, pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de “ cantareira” que leva dentro.

Esta é a súa axenda para que non a perdas en directo.

Carlos Núñez

Impresionante o seu traballo para o Xacobeo 21-22. Se non viches o vídeo de benvida ao Ano Santo, acompañado por unha trintena de músicos, aquí o tes:

Síguelle a pista aquí para gozalo en directo.

Guadi Galego

Ademais da súa presenza no ciclo “O Son do Camiño-Perseidas”, Guadi Galego estará este verán na Estrada, Tomiño, Boiro, Poio, Salceda de Caselas e Cedeira.

“Costuras” é o seu último disco, 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal, que ten moito dela e tres colaboracións de luxo: as poetas Antía Otero e Marina Oural, e a cantante catalá Paula Grande.

Síguea en Twitter para non perder nin un directo.

Luar na Lubre

Co seu folk percorreron medio mundo e teñen por diante un verán cargado de concertos. Luar na Lubre presenta “Vieiras e vieiros, historias de peregrinos”, inspirado no Camiño de Santiago.

É o seu disco número 19, aí é nada. Un luxo poder escoitalo en directo.

Aquí tes todas as paradas da xira.

Susana Seivane

A gaiteira Susana Seivane estrea un traballo moi especial, “Dende o meu balcón”. Unha recompilación de 55 cancións, agrupadas en 20 suites, que a artista interpretou cada noite durante o confinamento.

Ao repertorio de Ricardo Portela, Herme, Chispas, Los Morenos de Lavadores, Los Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades.

Non perdas os próximos concertos.

IMPORTANTE: Non queremos deixar a ninguén fóra desta selección de músicos, pero o espazo é o que é 😉. Consulta a web e redes sociais dos teus grupos favoritos para saber as datas dos seus concertos.

Cóntanos, a que grupo galego che gustaría ver en directo este verán? Lémosche.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.