menú
Kit completo anti morriña

Kit completo “anti morriña”

20/04/2020
Blog R

Estes días estanche a render moito. Grazas ao #EuQuedoNaCasa deixaches a casa como unha patena, cociñaches e liches como nunca e pelexaches con todas as aplicacións de videochamadas habidas e por haber. Pero recoñéceo, botas moito de menos a vida na rúa, estes primeiros raios de sol nunha terraza, planear escapadas de finde por Galicia, pasear á beira do mar… É a morriña chamando á túa porta! Déixaa pasar e alíate con ela para recuperar o sabor do noso. Que podes facer se che entra nostalxia?:

Kit anti morriña Repasa lo que echas de menos

Repasa mentalmente o que botas de menos

Se evocas os recordos do que máis estrañas, estarás máis preto deles: vir arriba co calorciño pero correr a casa a por unha chaqueta, almorzar un chocolate con churros, ir ao mercado e tomar unhas cuncas antes de comer, un bo polbiño, dar a volta ao Paseo contra vento e marea, percorrer a Alameda, escapar á aldea… Que é o primeiro na túa lista?

Kit anti morriña Organiza las fotos de tus viajes

Organiza as fotos das túas últimas viaxes

Telo pendente dende hai tempo e nunca te pos. A mellor escusa para lembrar os días de Galifornia polo Vicedo, Muros e o Pindo, as Catedrais, o ruta en barquiño polos Canóns do Sil ou a camiñada que che metiches en Fuciño do Porco. De paso botas unhas risas coas anécdotas da viaxe, que seguro tes a mancheas.

Kit anti morriña Elige destino para tu road trip

Elixe destino para o teu próximo road trip pola tierriña

Colle papel e bolígrafo e vai anotando as experiencias que tes que facer unha vez na vida para descubrir a tierriña. Así poderás trazar o camiño do teu próximo road trip. Imprescindibles: comer unha tortilla de Betanzos nas Calexas, pousar no banco de Loiba, ver o atardecer sentado nunha roca en Fisterra, facer unha andaina polo Courel, dar un mergullo nas pozas das Mestas en Melón, visitar a Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo, pegarte unha mariscada nas Rías Baixas, acampar nas Cíes… Cal nos recomendas ti?

Kit anti morriña Recorre Galicia desde el sofá

Percorre Galicia dende o sofá da túa casa

Se che entra morriña podes desfrutar da Catedral de Santiago ou do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil en visitas virtuais 3D, grazas á iniciativa de Turismo de Galicia. Tamén podes subir á Torre de Hércules nunha das visitas virtuais que organiza a través da súa páxina de Facebook ou descubrir a Mariña Lucense dende as redes sociais: mira como loce a Igrexa de San Francisco en Viveiro! E sempre podes asomarte ás webcams para abrir unha ventaniña ao mundo.

Kit anti morriña Ponte peli rodada en Galicia

Ponte unha peli ou serie rodada en Galicia

Galicia foi escenario dunha chea de rodaxes de pelis e series. Recentemente ‘Fariña’, ‘El sabor de las margaritas’ e ‘Vivir sin permiso’, que podes ver en Netflix e moi pronto tamén ‘El desorden que dejas’, ou ‘Auga Seca’. Se estás nostálxico pon estas longametraxes para lembrar paisaxes galegas: ‘Quien a hierro mata’, ‘El desconocido’, ‘Los lunes al sol’, ‘Mar adentro’, ‘The Way’ con Martin Sheen, ‘Los girasoles ciegos’, ‘La piel que habito’, ‘Al final del camino’, ‘La lengua de las mariposas’, ‘Lobos de Arga’ ou ‘A Esmorga’, entre outras.

Kit anti morriña Surf Channel

Sintoniza Surf Channel na túa tele de R

Acabamos de incorporar a canle Surf Channel á tele de R e en abril pódela desfrutar en aberto para que vaias practicando coa táboa sen ter que moverte de casa. Ademais, tes dispoñible gratis en rebobina ata 41 títulos do máis “surfeiro”.

Cóntasnos os teus trucos para vencer a morriña?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Jose portela di:

    O canal surf non aparace, no que antes estaba motorvision (75) non sale nada