menú
isa diz orientación

Isabel Diz, campioa galega de orientación 2018

14/02/2018
Blog R

Isabel Diz Cao é a campioa galega de orientación a pé deste ano 2018, título ben merecido que acadou o pasado 3 de febreiro en Parada do Sil. Pero dende que comezou nisto hai 4 anos, os logros apílanse con orgullo! Porque foi en 2014 cando gañou o primeirísimo dos seus títulos.

Reparte o seu tempo entre o departamento de finanzas de R e o clube Cornelios Raiders de Pontevedra. Por iso, cando entrou pola porta da oficina coa medalla picounos a curiosidade de saber que era isto da orientación! E mira que nos contou…

 

Como comeza un nisto da orientación?
Cando un amigo che di: “oes, tes que vir un día a unha proba de orientación, vaiche encantar!” ti primeiro te preguntas: “que é iso?”, éntrache curiosidade e logo vas e descobres un deporte moi especial ao que quedas totalmente enganchado. É un deporte familiar (no ten límite de idade e aos nenos encántalles, ademais podes ver competir a xente de ata 80 anos!), no que prima o respecto pola natureza e no que adquires coñecementos técnicos de aplicación na vida cotiá (como por exemplo atopar rapidamente o coche no párking do centro comercial jeje), habilidades espaciais e de interpretación técnica de mapas. É dicir, é unha práctica deportiva que non só implica un esforzo físico senón que tamén conta cun importante desenrolo e uso da capacidade cognitiva.

– Supoño que primeiramente comezou como unha afección. Cando dis: “Gústame e vou intentar dedicarlle o máximo tempo a isto”?
Cando ves os grandes avances proba tras proba, que che fan esixirte máis porque o desfrutas moito. Por outra banda, dáste conta de que a xente que forma parte deste deporte convértese case na túa segunda familia. Podes compartir os teus coñecementos cos máis pequenos, viaxas e descobres lugares espectaculares, etc.

 

“É un deporte inclusivo no que existen modalidades de orientación adaptadas para ofrecer a todos.”

 

– Como definirías o que fas para que a xente se anime a practicar?
Eu sempre intento animar a xente a que coñeza este deporte.
Como dixen ao principio, non implica ningunha esixencia nin de idade nin de condición física. De feito é un deporte inclusivo no que existen modalidades de orientación adaptadas para ofrecer a todos, independentemente do seu xénero, idade ou capacidade/ discapacidade física, a oportunidade de participar en igualdade de condicións.
Calquera persoa á que lle guste a natureza e lle apeteza pasar unhas horas no monte co reto de ler un mapa e ter que atopar puntos de control no menor tempo posible, ten unha grande oportunidade ao longo do ano para poder facelo en calquera das probas da Liga Galega. Tes dúas categorías abertas para persoas sen ficha federativa e adaptadas a un nivel técnico baixo de iniciación.

– Que é o que máis che gusta do mundo da orientación?
O reto que supón cada carreira, descubrindo mapas novos e tendo que estar moi concentrado en cada carreira, lendo o mapa o máis rápido posible. Vamos, que non só é correr! 

isa diz orientación

– Precísase moi boa forma física?
Como comentaba antes, a condición física non é o máis importante. De feito, na modalidade de O-precisión/O-trail pódese competir en igualdade de condicións independentemente da condición física do atleta.
No resto de modalidades de orientación a pé ou en bicicleta, hai que ter unha boa condición física. As probas non só poden ser duras tecnicamente a nivel lectura de mapa (que penso que é a condición máis importante), senón que tamén son duras fisicamente, xa que o corredor é libre de transitar por onde el elixa. En moitos casos podes verte cruzando ríos, saltando ou subindo muros, agatuñando por cortados de pedra,… Vaia, que é un deporte como dicimos entre os orientadores, de corzos!

 

“Correndo en equipo hai que ter certa psicoloxía, saber traballar en equipo, son carreiras duras nos que se pasa por moitos momentos de tensión.”

 

 – E que habilidades son xeitosas?
Hai que ser un pouco valente, non ter medo a perderse e adentrarse nos bosques saíndo fora de camiños. Correndo en equipo hai que ter certa psicoloxía, saber traballar en equipo, son carreiras duras nos que se pasa por moitos momentos de tensión e hai que saber xestionalos ben cos compañeiros. Tamén de ter certas capacidades de reacción e de xestión de posibles accidentes que poidan ocorrer, como socorrer a outro corredor, porque no caso dos raids de aventura podemos pasar por certas situacións de risco.
E, por último, ter unha boa capacidade de concentración, superación e forza mental para soportar o sufrimento.

– Que ligas hai importantes en Galicia?
En Galicia, baixo a Federación Galega de Orientación, existen tres ligas: de orientación a pé, de orientación en bicicleta e de raids de aventura. Ademais este ano na comunidade imos a ter varias probas importantes da Liga Española de orientación en bicicleta e o Campionato de España de Raids de aventura, que organiza o meu Club.

– Cal foi a carreira máis extrema na que participaches?
Raid Gallaecia Expedition Race, proba das series mundiais de Raids de Aventura que tivo lugar en Galicia en 2015, no que competín en equipo xunto con 3 compañeiros.
Foron 5 días (non stop) de carreira para completar 450 km en bicicleta, a pé e en kaiak, e sen perder a vista do mapa, incluso pola noite! Comezou en Cuntis e rematou na Praza do Obradoiro, pasando por Concellos como Ribadumia, A Illa de Arousa, Vilagarcia, Pontecesures, Padrón, Rois, Lousame, Noia, Outes, Mazaricos, Cee, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Camariñas, Zas, Santa Comba, Negreira e Ames.
Toda unha experiencia, extrema a todos os niveis, pero da que aprendín moito a nivel persoal e deportivo.

– E o teu lugar favorito ata a data?
Fora de Galicia O Vall d´Arán, que descubrín no Campionato de Europa de 2016 e do que quedei totalmente prendida.
De Galicia A Serra de Forgoselo, na Capela, é un bosque máxico e a nivel de carreira todo un reto para os corredores, apenas hai camiños e é moi fácil perderse 

– E o máis aburrido?
Aburrido, ata a data, non foi ningún 

isa diz orientación

– Cales son os teus logros ata a data?
Os máis importantes: finalista de tres carreiras de expedición (Gallaecia Expedition Race, Raidarán e Norcha). Campioa galega de orientación a pé en 2015, 2017 e 2018. Subcampioa de Liga Galega de orientación a pé en 2017, de orientación en BTT en 2015. Subcampioa de España de raids de aventura en 2014 e 2017. Campioa de Liga Española de raids de aventura en 2015 e 2017, subcampioa en 2016.

– Se puideras escoller un sitio agora, a onde irías facer unha carreira?
Á Patagonia, sen lugar a dúbidas. Porque é un paraíso natural e alí córrese unha das carreiras de expedición mais impresionantes: a Patagonian Expedition Race, a aventura no fin do mundo.

– Perdícheste algunha vez? Se alguén se perde na montaña, que lle recomendarías?
Perdinme moitas… aínda que sempre sabendo máis ou menos onde estaba.

Eu recomendo primeiro a prevención, é dicir, ir preparado cando se sae á montaña (non fai falta que sexa ao Himalaia, aínda que sexa ao monte do lado da casa), sempre poden pasar cousas, sobre todo cando se vai só.

Por iso é importante levar sempre auga, algo de comida, un bo calzado adaptado a onde imos e roupa de abrigo de reposto (nunha bolsa estanca na que non se poda mollar), isto como material mínimo.

Por outro lado planificar ben a ruta, calculando dificultade e tempos, intentar levar GPS ou mapa e compás (se o sabemos utilizar), e se vemos risco de que nos caia a noite levar unha luz frontal.

Se alguén se perde na montaña, o que lle recomendaría é que non se puxese nervioso. Se a visibilidade é boa, que intente volver polo camiño polo que chegou ata ese punto, sempre tendo en conta o tempo e se ten todo o material/comida que necesita para chegar ao punto desexado. Se non é así, que pida axuda.

De todas maneiras, como dicía antes, o máis importante e o que non pode faltar na mochila é o sentidiño. 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. AntonioMar di:

    Quien tenga la suerte de conocer a Isa, de contar con ella como compañera de afición, o participar en una de las pruebas en las que forma parte de la organización fervientemente, puede disfruta de su excepcionalidad, primero como persona, y después como deportista. Siempre tiene un abrazo, unas palabras sinceras (de las que se notan), incluso cuando coincides parte de carrera con ella y no tienes fuerza ni de levantar un ápice una zancada tras otra, siempre siempre siempre, Isa te ayuda a remontar con su ilusión, fortaleza y compañerismo, no importa no pertenecer al mismo equipo, o estar compitiendo “mano a mano” por la posición.

    Isa Diz… “PEDAZO DE MUJER”.

    Tenemos la suerte de ser una gran familia, desde el presidente de la federación hasta la última persona en federarse, Isa es una de esas personas que fomenta que esto suceda.

    Gracias R por preocuparos en conocer a vuestros empleados y compartir estos contenidos, regocijaros de contar con ella, pero aquí mi advertencia… ojo con esa chica menudita, de buenas maneras, atuendos elegantes y rasgos de vitalidad porque… como la retéis en el monte, ya sea corriendo, andando, en bici o remando… “os saca los pulmones” 😉

    Grande Isa, mil gracias por se así ¡¡¡