menú
festivais de música de Galicia

Festivais de música de Galicia 2018

06/06/2018
Blog R

Os festivais de música de Galicia son un atractivo máis da nosa terra que atrae a moitos turistas e autóctonos, principalmente na época estival.

A oferta de festivais é moi ampla na que se ofrece moito máis que música. Lembrámoschos para que os vaias apuntando na axenda.

Xuño

A tempada empeza a ritmo de música alternativa na praia de Cesantes de Redondela co Festival Millo Verde. Os días 7, 8 e 9 de xuño poderás gozar dunha experiencia cultural no corazón do Atlántico.

O festival máis revolucionario deste verán será O Son do Camiño no que participarán The Killers, Franz Ferdinand, Jamiroquai, Lenny Kravitz, e moitos máis.


Durante 3 días, entre o 28 e 30 de xuño, no Monte do Gozo instalararanse dous escenarios nos que se reproducirán máis de 30 horas de música.

O último día de xuño o rock alagará Carballo grazas ao Rockin’ Carballo Festival. Ás 13:00 dará comezo o festival cunha sesión vermú na praza do Concello e pola tarde en Rego de Balsa daranse cita as bandas Powersolo, The Unfinished Sympathy, Kurt Baker Combo, Zënzar e Ezetaerre.

Xullo

Xullo comeza a ritmo indie co Portamérica que se celebrará entre o 5 e 7 de xullo. poderás gozar da mellor música con Imelda May, Vetusta Morla, Izal e Xoel López , entre outros moitos artistas.

Unha das citas máis esperadas da escena festivaleira de Galicia é o Resurrection Fest de Viveiro, que este ano celebra o seu décimo terceira edición. Está considerado como o mellor festival de hardcore-metal e punk de toda a península e un dos máis destacados de Europa.

Este verán contará coa participación destacada dos estadounidenses Kiss e os alemáns Scorpions. Será unha ocasión única para poder ver estas dúas bandas referentes do hardrock.

Este festival contará coa nosa colaboración, xa que poderás conectarte ao noso wifi R en distintas zonas. En concreto na zona de comida “FOGAR”, bar 5 e 6, na zona de merchan, de acampanada, nos camerinos y na zona VIP.

 


O festival con máis tradición de Galicia é o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que comezou a súa andaina no ano 1978 como un festival de música artesanal apoiado pola Banda de Gaitas de Ortigueira.

É unha das citas de referencia a nivel mundial da música celta xa que cada ano actúan os músicos e bandas máis destacados deste estilo.

Este ano celebra a súa 40º edición e nela actuarán os galegos Milladoiro e Carlos Núñez, os escoceses Imar e os canadenses Yves Lambert Project. Pero o seu cartel é moi amplo así que mellor que lle botes unha ollada.

Este ano o Atlantic Fest da Illa de Arousa celébrase a mediados de xullo, concretamente entre o 20 e o 22 de xullo. Os artistas que adoitan acudir pertencen á escena underground, nesta ocasión destacarán as actuacións de Kaiser Chiefs, The Vaccines e Iván Ferreiro.

E finalizamos o mes na illa de San Simón co festival Sinsal que se celebra do 21 ao 23 de xullo. Os asistentes a esta cita non coñecerán os artistas que actuarán ata o mesmo momento do concerto que pode ser de jazz, de rock ou de música electrónica.

Agosto

Este mes comeza, entre o 3 e o 5 de agosto, cun dos clásicos, o festival de Pardiñas en Guitiriz, considerado Festa de Interese Turístico de Galicia.

Coincidindo coas mesmas datas que Pardiñas celébrase o Sonrías Baixas en Bueu onde Muchachito será unha das estrelas do festival.

Na Coruña terá lugar unha nova edición do Festival Noroeste Estrela Galicia. Aínda non se confirmou todo o cartel, pero o que si poderase gozar de música en directo en diferentes lugares da cidade.

Vilaxoán de Arousa celebrará o festival Revenidas entre o 17 e o 19 de agosto. E tamén falta por confirmar todo o cartel pero podemos adiantar que Soziedad Alkoholica tocará neste festi.

Setembro

En agosto non finalizan os festivais nin o verán. Seguen en setembro co Festival da Luz en Boimorto do 7 ao 9 de setembro. A cita musical promovida por Luz Casal celebra este ano a súa sexta edición coas actuacións de Love of Lesbian, Os Resentidos, Josele Santiago, Eskorzo e moitos máis artistas.

widget

Tamén en setembro se celebra o WOS Festival en Santiago de Compostela, concretamente do 12 ao 16 , no que se dan cita actuacións musicais, artes escénicas, proxeccións e coloquios do máis vangardistas.

E estes non son os únicos festivais que se celebrarán en Galicia. Hai moitos máis como: O Loro Facu (27, 28 e 29 de xullo), Rock in Cambre (3 e 4 de agosto), Carballeira de Zas (datas pendentes de confirmación), V de Valarés (datas pendentes de confirmación) …

E ti, a que festi vas ir?, a algún dos que non mencionamos? Conta, conta…

Vai preparado e coa batería do teu móbilR que falta che fará. E para que non se che escape ningún concerto neste post podes consultar as apps de todas as citas festivaleiras.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Della di:

    Un gran artículo sobre festivales muy buenos. Lo recomiendo por que me ha gustado leerlo.
    Gracias y un cordial saludo.