menú
samain_galicia

Festa do Samaín en Galicia: orixe e tradición

28/10/2022
Blog R

Cada noite do 31 de outubro, Galicia festexa o Samaín. Unha festa de orixe celta para celebrar o fin da colleita e a chegada do frío inverno que conta cunha longa tradición e historia que vai máis aló dos habituais disfraces e cabazas. Así é o Samaín galego.

Orixe e significado do Samaín

Samaín provén da palabra gaélica “Samhain”, que significa “fin do verán”.

Era o momento no que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Tamén coincidía co momento no que as ánimas dos defuntos visitaban os seus fogares e familiares ao longo da noite.

Segundo a tradición, sería un día no que coincidirían os vivos e os mortos e, para que os atopasen, os vivos poñían luces nas súas xanelas que lles orientasen no seu camiño. Inicialmente adoitaban usar nabos e, un tempo despois, impúxose a cabaza.

Tradición do Samaín en Galicia

O Samaín celebrouse en Galicia ata fai trinta anos, época na que se pasou a celebrar o Día de Defuntos o 1 de novembro.

De feito, trátase dunha celebración errónea, porque o Día de Defuntos é o día 2 de novembro e o día 1 é o Día de Todos os Santos. Aínda que quizais a razón sexa que se trata dunha xornada festiva.

Desde hai uns anos está a recuperarse esta tradición celta grazas, entre outras cousas, á tarefa do profesor Rafael López Loureiro, que documentou a galeguidade do Samaín e promoveu o rescate desta festa por toda Galicia.

Empezou por recuperar na súa Cedeira natal a “tradición das caveiras”, que se converteu en todo un reclamo turístico.

Pero hai moitos pobos e vilas de Galicia que contan cos seus propios costumes e tradicións de Samaín.

A cabaza, a gran protagonista do Samaín

Non hai Samaín sen cabazas. Porque o costume máis arraigado desta tradición é a elaboración de cabazas “terroríficas”. Decóranse con caras que dan medo, colocándolles pequenos paus a modo de dentes e poñendo unha vela dentro da cabaza para escorrentar aos malos espíritos ao longo desa noite.

Pero cada zona ten o seu propio ritual coas cabazas.

Así, en Quiroga, despois de decorala, consérvase para empregala como máscara no entroido.

En Ribadavia teñen a súa “Noite Meiga”, durante a que veciños/as e visitantes ataviados con disfraces “terroríficos” desfilan polo centro histórico da vila.

En Catoira, esa noite sae a “Procesión das caveiras” a percorrer as rúas. Participan nenos e adultos cos seus disfraces aterradores e levan as súas cabazas iluminadas con velas.

Na zona das Rías Baixas, ás cabazas chámanlles “calacús”. Así, en Pontevedra celébrase “A noite dos calacús” na que maiores e pequenos decoran os seus “calacús” nun taller e logo colócanos nas xanelas e portas dos edificios da zona vella da cidade para que iluminen a noite.

Samaín, noite de disfraces

Outra das tradicións máis populares desta noite de Samaín é disfrazarse.

Cal é o motivo? Antigamente en Galicia vestíanse con peles e cabezas de animais para escorrentar as bruxas e os espíritos malignos.

E así chegamos ata hoxe. Mantéñense os disfraces, aínda que con outro tipo de vestimentas, sempre relacionados con situacións terroríficas e, por suposto, mantendo o bo humor e a alegría.

Deste xeito en Galicia, aínda que o verán terminase, aínda nos quedan moita ganas de festa e o Samaín é unha das nosas celebracións máis antigas. Cóntanos, ti como vives o Samaín?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.