menú
Hablamos con los ganadores de la First Lego League Galicia

Falamos cos gañadores da First Lego League Galicia

16/03/2022
Blog R

“Se non gañamos non pasa nada”, con esa filosofía presentouse o equipo naronés CON3CT4 – H4CKZ4P0S á oitava edición da First Lego League Galicia, que se celebrou o 5 de marzo no Auditorio Municipal de Ferrol. E funcionoulles, porque resultaron gañadores da proba e viaxarán a Málaga en abril para participar na gran final nacional.

Dende R colaboramos un ano máis coa First Lego League de Galicia, apoiando o fomento da aprendizaxe das STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) dos/as nosos/as mozos/as.
Presentación de la First Lego League Galicia

E quixemos saber como viviron este reto e que aprendizaxe levan desta experiencia. Isto é o que nos contaron.

 

Por que decidistes apuntarvos á First Lego League?

Algúns/as xa foramos en anos anteriores e outros/as, ao ver como o pasamos e as batalliñas que contamos, decidiron unirse.

Como foi a preparación para a competición durante os últimos meses?

Pois foi un pouco como un caos controlado porque necesitabamos facer moitas cousas só indo os venres, así que terminamos dedicando algún tempo extra outros días da semana. Os profes sempre estiveron aí para atendernos e meternos “caña”.

Que é o que vos gustou máis desta experiencia?

A xente que hai no evento e as conexións que se poden facer con eles e cos membros do propio equipo, incluídos os profes. E algúns gozamos moito “traficando” con chapiñas e chaveiros 3D. Había que facerse con todos.

El equipo naronés CON3CT4 – H4CKZ4P0S en la First Lego League
Que valores destacades desta iniciativa?

Pois sobre todo o do traballo en equipo, a colaboración e o respecto polo diferente.

Como vistes o nivel dos outros equipos?

A verdade que non nos fixamos moito no nivel; imos pasalo ben e facer colegas. Tratamos de facelo ben, pero para estar orgullosos/as, non para ser mellor ca ninguén.

Cal credes que foi a clave do voso éxito?

Á parte do feito de ter esa programación e ese robot tan consistente, investimos moito tempo e agarimo no noso proxecto do xogo de cartas, e mola que o poidamos facer realidade.

A nosa filosofía é SNGNPN, acrónimo de “se non gañamos non pasa nada”. Só facemos isto para divertirnos e logo xa se se gaña algo.

El equipo naronés CON3CT4 – H4CKZ4P0S en la First Lego League
Que aprendizaxe levádesvos na mochila?

Sobre todo, que dá igual que sexamos diferentes, que algunhas cousas cóntennos máis que a outras persoas ou que sexamos máis movidos/as. Se te centras en algo e te xuntas con xente guay, podes conseguir cousas incribles.

Aplicaredes estes ensinos no futuro?

Probablemente si, xa as levamos aplicando dende sempre. Sobre todo, aprender a falar en público, defender unha idea coas nosas propias palabras e apoiar e protexer os nosos compañeiros e compañeiras nos momentos difíciles.

Volveredes participar o ano que vén?

Obviamente, encántanos estar no noso equipo e o que significa. Ademais, é moi divertido e os profesores fan que sexa un 100% mellor. Saben como tratar con xente da nosa idade e gústanlles cousas que a nós tamén. Á vez actúan como irmáns maiores que nos gustaría ter e sempre é xenial telos preto.

Moitas grazas por compartir connosco a vosa experiencia.

Parabéns e moita sorte na gran final.

E se ti queres ver todo o que viviron os CON3CT4 – H4CKZ4P0S e o resto de participantes da First Lego League Galicia, tes toda a competición na canle de Youtube da FLL Galicia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.