menú
Difuntos y magostos, el culto a las castañas

Defuntos e magostos, o culto ás castañas

30/10/2020
Blog R

As lareiras xa cheiran a castañas. Lendas e historias contadas á calor do lume nas frías noites do outono. Unha tradición que segue moi viva e que ten o seu punto álxido do 1 ao 11 de novembro, entre a Noite de Defuntos e San Martiño. Vés de magosto?

Castañas por defuntos

A tradición de asar castañas a Noite de todos os Santos vén de antigo. Dicíase que as castañas representaban as ánimas do purgatorio. Con cada castaña, unha alma liberábase e acompañaba a festa. Aínda que lendas hai moitas.
Difuntos y magostos, el culto a las castañas

Magostos

Despois da vendima e a recollida das castañas, os nosos antepasados festexaban os magostos para honrar as colleitas. A tradición foi evolucionando cos anos, pero o lume como elemento purificador segue a ser o protagonista.

Hoxe fanse fogueiras nos soutos e montes, nas prazas e, como non, nas lareiras. Ásanse castañas, tamén chourizos, bébese viño e moitos terminan cunha queimada. Familias e amigos reúnense en torno ao lume, saltan as fogueiras, pintan a cara co carbón, contan lendas ou cantan cancións de sempre.

En Ourense o magosto ten un sabor especial con moito arraigamento. Declarada Festa de interese turístico de Galicia, chea por San Martiño os barrios, a Alameda e os montes próximos de cheiro a castañas asadas.

Levan tamén a fama Folgoso do Courel ou Riós, pero o certo é que a tradición dos magostos esténdese por todos os recunchos de Galicia.
Difuntos y magostos, el culto a las castañas

É tempo de castañas! Cóntanos como o celebras ti.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.