menú

É hora de que as nosas científicas ocupen o lugar que lles corresponde na Historia

21/04/2021
Blog R

O xoves 22 celébrase o Día das Nenas nas TIC para empoderar e animar as máis novas a facer carreira no mundo das STEM: Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. En R sumámonos a ese chamamento divulgando o movemento#NoMoreMatildas, unha iniciativa que busca recuperar o protagonismo das mulleres científicas que nunca deberon ser invisibles. Queres coñecer as nosas Matildas?

Que é o ‘Efecto Matilda’?

E se Einstein tivese nacido muller? Probablemente o seu apelido nin nos soaría hoxe. E é que os méritos dos seus descubrimentos levaríallos algún compañeiro ou marido. É o ‘Efecto Matilda’, en honra a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denuncialo.

Porque se fixo pensar que a ciencia era cousa de homes. E esa realidade debe acabar.

Así nace o movemento #NoMoreMatildas, impulsado pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) co apoio da Oficina do Parlamento Europeo en España. A súa mensaxe é clara: ‘cremos que a baixa presenza de mulleres nas aulas de carreiras STEM ser debe, en parte, á falta de referentes que fomenten a vocación científica nas nenas e nas adolescentes‘.


E para recuperar eses referentes, a AMIT quere conseguir unha maior presenza de científicas nos libros de texto escolares. Aquí podes descargar os libros.

As Matildas galegas

En Galicia hai un ‘nivelazo’ de mulleres científicas que son un espello no que mirarnos. Os seus nomes recolleunos o Consello da Cultura Galega no seu proxecto ‘Álbum da Ciencia’.

Aínda que Isabel Zendal dálle nome a un hospital madrileño, a primeira enfermeira na historia da saúde pública naceu en Ordes, na provincia da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Javier Balmis e está considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional.

María Josefa Wonenburger Planells: Prestixiosa matemática nada en Oleiros que creou unha escola internacional de álxebra. Desenvolveu os seus traballos de investigación en Estados Unidos e Canadá e foi a primeira muller española en recibir unha Bolsa Fullright.

Aínda que de orixe leonesa, Ángela Ruiz Robles desenvolveu a súa carreira en Ferrol. Seu é o mérito de inventar os ‘libros mecánicos’, que coinciden co actual libro electrónico no seu enfoque funcional.

Convidámoste a descubrir a historia destas grandes mulleres de ciencia: Ángeles Alvariño González, experta internacional no estudo do zooplancton mariño; as irmás Fernández de la Vega, Jimena e Elisa, primeiras mulleres licenciadas pola Universidade de Santiago de Compostela; ou Celia Brañas Fernández, unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.

Grazas a todas elas por ser inspiración e referencia para as nenas de Galicia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Ildefonso Iglesias di:

    Buenos días;

    Cuando será la hora de que vuestros clientes paguen lo justo?

    Si mando un correo me remiten a que os llame por teléfono.
    Si llamo no me permiten contratar las tarifas vijentes.

    https://mundo-r.com/bundles/app/docs/R_tarifas_particulares_220321_gal.pdf

    No me parece correcto este trato a un cliente de más de 15 años.

    Saludos.

    • blog R di:

      Hola, Ildefonso.

      Lamento que tengas esta opinión.

      Desconozco tu caso pero, efectivamente, para realizar determinadas revisiones o modificaciones en la contratación es necesario que contactes con el departamento de fidelización, que entiendo que es con el que has hablado.

      Dependiendo de tus condiciones actuales de contratación pueden ofrecerte unas u otras opciones.

      Disculpa si no es posible ofrecerte el cambio en el que estabas interesado.

      Un saludo.