menú
dhogs

Dhogs, a peli de xénero en galego

01/03/2018
Blog R

Andrés Goteira (Meira – Lugo, 1983) estudou a enxeñería técnica de Telecomunicacións na Universidade e Vigo e Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Con esta formación Andrés ben podería formar parte do persoal de calquera empresa de telecomunicacións, coma R, pero non é así.

Goteira presentou hai uns meses a súa primeira película como director, ‘Dhogs‘, un thriller no que se conectan 6 tramas arredor de peculiares personaxes. O guión da súa ópera prima escribiuno cando tiña 20 anos e estaba traballando en Edimburgo, e agora 14 anos despois viu a luz. A peli está tendo moi boa acollida por parte da crítica nacional e internacional, e por parte do público.

O nome de ‘Dhogs’ é unha mestura entre Dogs e Hogs, cans e porcos en inglés. É un aviso do que vas ver na peli, os cans representan os sumisos e os porcos representan os perversos. Nesta longametraxe pódense ver as influencias de cineastas como Gaspar Noé, Leox Carax, os irmáns Coen, Lynch, Tarantino, Vermut e Jarmush, que son admirados por Goteira. E tamén a pintura (con Vettrriano) e a literatura con (Murakami), teñen presenza na peli.

Desta volta, temos a oportunidade de entrevistar a Andrés para que nos conte como foi vivir esta experiencia, e para demostrar una vez máis que en Galicia hai calidade.

O nacemento de Dhogs

O guión de ‘Dhogs’ xurdiu cando Andrés traballaba nun hostel en Edimburgo. Pasaba as tardes nunha cafetaría artellando o guión dunha peli que, daquela, se chamaba ‘Ryans Bar’.

Segundo Andrés, dende que marchou á Coruña estudar o ciclo de Son sempre quixo probar co cine, concretamente facendo unha longametraxe.

Cando ves o currículo académico de Andrés podes pensar que está a traballar nunha empresa de telecomunicacións. O director meirense afirma que seguramente non haxa moitos telecos que teñan a necesidade de realizar pelis, pero que el sentía esa curiosidade, e na vida hai que intentar facer o que che pide o corpo . Polo menos, mentres haxa enerxía.

De todos os xeitos, Andrés é consciente de que o cine é un camiño de pedras, pero tamén pensa que crear historias é un dos traballos máis bonitos que existe.

Pero, se lle vai mal neste oficio, que de seguro non vai pasar, sempre lle queda a opción de tentar sorte con R.

widget

Traballo cos amigos de toda a vida e actores de renome

Facer unha peli non é traballo doado, e Andrés contou cos mellores compañeiros de traballo para facelo. Os seus amigos de toda a vida, cos que xogaba ao escondite de pequeno, Suso, Adrián e Laura. Dos que Andrés afirma que “desexa a todo o mundo amigos así. É do mellor que lle podes pedir á vida, sen dúbida”.

Pero ademais deste equipo de amigos, en ‘Dhogs’ traballou moitas persoas que axudaron anímica e economicamente. Sara, Jairo, Lucía (da coruñesa Pixel Films) foron chaves importantes para sacar un proxecto de calidade adiante. Tamén David, Javi e Germán na parte sonora. Pero son centos de persoas as que botaron unha man para facer este proxecto realidade.

O obxectivo de Andrés e o seu equipo era de rodearse de cracks técnicos boíños.

O mesmo ocorre co equipo artístico, co que foi moi doado traballar e axudaron a levantar o filme. En ‘Dhogs’ traballan Carlos Blanco, Miguel de Lira, Morris e Melania Cruz, entre outros.

A ilusión que transmite o equipo da peli foi o que os convenceu para que formasen parte desta aventura e fosen confiando neles pasiño a pasiño. A pesar de que había veces que non entendían algunha parte do guión, algo normal, porque como explica Andrés, “é unha peli raruna que non se fai moito por estas terras e iso chama por un, película de xénero en galego!”

 


 

Mecenado e financiación

Conseguir a pasta para facer a longametraxe foi unha das tarefas máis difíciles, sobre todo sen ser coñecidos no mundo do audiovisual.

Os primeiros que puxeron cartos enriba da mesa foron eles mesmos. E despois fixeron unha campaña de micromecenado na que contribuíron moitos amigos, familiares e coñecidos, todos eles están nomeados nos créditos finais.

Tamén houbo institucións e empresas que investiron no proxecto. Destacan a Deputación de Lugo, o Concello de Meira, e empresas como Galipizza ou Áncora.

Para o seguinte filme que faga, Andrés reparará nos cartos precisos antes de comezar con proxecto, porque con ‘Dhogs’ non o fixeron. E xa adianta que tamén enviarán o proxecto a R .

Próxima peli

Andrés xa ten o guión do próximo proxecto, así que é o momento ideal para buscar financiación:

“Necesitamos facelo en mellores condicións económicas que fixemos ‘Dhogs’, necesitamos vivir sen ansiedade, jeje… Senón faremos longas máis do tipo “ensaio”, que tamén me atraen.”

Na nova longametraxe encadéanse varias historias que suceden arredor dun protagonista arquitectónico, un xigante edificio de forma clásica. A peli arranca con dúas adolescentes no interior dunha cafetaría, falan de facer un trío cun veciño dunha delas. E ata aquí podemos contar…

Quedamos agardando con moita intriga o vindeiro filme de Goteira e o seu equipo, que se é como ‘Dhogs’, non deixará indiferente a ninguén.

E ti, xa puideches ver ‘Dhogs’? Xa nos contarás que che pareceu

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.