menú
Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Curiosidades do Día das Letras Galegas

12/05/2021
Blog R

O Día das Letras Galegas 2021 homenaxea á poeta, tradutora, editora e profesora Xela Arias. Ela é a quinta muller á que se lle dedica esta data tan especial. Queres saber quen son as outras? Descubre esta e outras curiosidades da gran festa da nosa cultura.

Sabías que…?

  • O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio en homenaxe á data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: “Cantares Gallegos” (17 de maio de 1863).
  • Precisamente Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada cen anos máis tarde, en 1963.
  • Tras ela, outras 4 mulleres foron recoñecidas na historia: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).
  • Xa van 58 anos de celebración.
  • Dende 1991, 28 anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festivo oficial en Galicia.
  • Para resultar elixido/a, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos: ser autor/a dunha obra relevante en galego, e que pasasen 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.
  • A sede da RAG atópase na Coruña, na que foi residencia familiar de Emilia Pardo Bazán, e precisamente alí atópase a súa Casa Museo.
  • O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, que se celebra sempre o 17 de maio, tivo que trasladarse o ano pasado a decembro debido á COVID-19.

‘Xela Arias. A palabra esgazada’

Ese é o nome do documental que estreou a Real Academia Galega na súa canle de YouTube, e que serve moi ben como fío para recompilar a vida e obra de Xela Arias.

A través de 6 capítulos breves, relátanos os primeiros anos da vida desta autora ata chegar a Vigo aos 7 anos. Que ambientes condicionaron a súa mirada e a súa escrita, en especial esa atmosfera urbana próxima á Movida dos 80.

O documental profunda nas súas distintas facetas, non só como escritora transgresora e en constante diálogo con outras artes, senón tamén na súa figura como unha das primeiras profesionais do mundo da edición e da tradución.

Este ano, o Día das Letras Galegas celebramos a unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, autora dunha obra singular, transgresora, sincera e comprometida.

Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Ana di:

    Mi hijo está muy contento porque estudia en el colegio donde estudió Xela Arias … Lo que para ellos significa mucho…es un ejemplo cercano…mi hijo tiene 5 años y sabe todo sobre Xela Arias…