menú
Celebrando el Día das Letras Galegas todo el año

Celebrando o Día das Letras Galegas durante todo o ano

13/05/2022
Blog R

Soa a tópico dicir que o Día das Letras Galegas non só é o 17 de maio, pero é certo. Debemos celebralo os 365 días do ano. Como? Pois coa única homenaxe posible, falando galego. Pero agora que se achega o 17 de maio, tamén é bo deixar claro que os actos do Día das Letras Galegas se estenden ao longo de todo o ano e por toda a xeografía galega.

Desta volta o escritor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, natural de Vilamartín de Valdeorras e, como era de esperar, en toda a súa comarca concéntranse o maior número de actos. Pero non son os únicos. Así que imos recompilar os festexos máis destacados para conmemoralo, para que vexas que o Día das Letras Galegas non só se celebra o 17 de maio:
Actos del Día das Letras Galegas: dónde y cuándo

Actos do Día das Letras Galegas: onde e cando

Os actos do Día das Letras Galegas 2022 son diversos e repártense por varios meses do ano. Hai de todo, dende exposicións ata concursos ou concertos. Imos facer un resumo dos máis destacados:

  • “Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños”: exposición inaugurada en abril, é divulgativa e didáctica e poderase ver en Valdeorras, Ourense e Santiago de Compostela.
  • “Compromiso na distancia”: percorrerá toda Galicia de maio a decembro de 2022 e tentará difundir a vida, a obra e a figura do homenaxeado deste ano.
  • “Vida e obra dun poeta: Florencio Delgado Gurriarán”: a Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés acolle esta exposición cunha guía bibliográfica do autor. Poderase ver do 2 ao 31 de maio de 2022.
  • “Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán”: a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela organiza esta exposición bibliográfica infantil que reúne libros sobre a celebración do Día das Letras. Aberta durante todo o mes de maio.
  • “Florencio Delgado Gurriarán: Que cante o merlo!”: unha exposición tamén para nenos sobre o homenaxeado que se poderá ver na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo durante todo o mes de maio.
  • “Florencio Delgado Gurriarán: activismo cultural dende o exilio”: a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola organiza esta exposición bibliográfica do poeta valdeorrés centrada principalmente no seu período de exilio. Poderase ver do 13 ao 30 de maio.
  • “Carreira Camiño das Letras”: carreira popular que o 17 de maio percorre un tramo do Camiño de Santiago, dende o Pico Sacro ata a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela con edicións específicas para adultos e para nenos.
  • “Lingua de Namorar 2022”: concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade de entre 14 e 35 anos para dinamizar o uso do galego nas redes.
  • “Tras os vieiros de Florencio”: espectáculo teatral da compañía Fantoches Baj que amosa a traxectoria e a obra de Florencio e que percorrerá diversas vilas e cidades galegas (entre elas, o 15 de maio en Burela, o 16 de maio na Estrada e o 17 de maio no Barco de Valdeorras).
  • “Noites de Córgomo”: proxecto cultural durante os meses de xullo e agosto con representacións teatrais no concello de Vilamartín de Valdeorras.
  • “Festiletras”: a Fundación Eduardo Pondal organiza un festival de música en Ponteceso entre os meses de maio e setembro.
  • “Romaría Etnográfica Raigame”: Vilanova dos Infantes acolle o 17 de maio postos de artesanía que ofrecen a todos os visitantes unha ampla oferta de actividades de exaltación tradicionais, coma música e baile.

Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán

Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

Como saberás o homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas é o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Para que teñas unha visión máis ampla da súa figura, dámosche os datos máis destacados do poeta. Agardamos que che axuden a coñecelo mellor:

  • Naceu en Vilamartín de Valdeorras en 1903, pero pasou a meirande parte da súa vida exiliado en México.
  • Foi escritor, editor literario e activista político e cultural.
  • En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a “Fundación do Padroado da Cultura Galega”, a “Irmandade Galeguista” e o “Ateneo de Galicia”.
  • A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).
  • Encargouse da selección e da tradución dos poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.
  • Empregou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

Agora que xa coñeces un pouco máis sobre o homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas e tamén os actos e exposicións sobre a súa figura por toda a xeografía galega, como celebrarás ti o 17 de maio?, asistirás a algún dos actos dos que falamos?

Polo menos, agardamos terche achegado un pouco máis á figura de Florencio Delgado Gurriarán.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.