menú
5 pueblos de interior para perderte en Galicia

5 pobos de interior para perderte en Galicia

05/02/2021
Blog R

A vida no campo é a vida mellor. A crise sanitaria fíxonos soñar con espazos verdes, paseos polo monte, aire puro, silencio e tranquilidade. A xente nova volve ao pobo e non nos estraña.

Se estás a buscar casa de campo ou se queres desconectar unha fin de semana da tolemia da cidade, bota un ollo a estes 5 pobos do interior galego dos que nunca quererás marchar.

5 pueblos de interior para perderte en Galicia: O Cebreiro

O Cebreiro

No corazón dos Ancares, Pedrafita do Cebreiro é inicio para moitos, e parada obrigada, do Camiño de Santiago. Punto máis alto de Galicia, esconde un patrimonio etnográfico onde poden visitarse as súas catro pallozas, o museo, a Hospedaría de San Giraldo de Aurillac e a Igrexa de Santa María A Real.

No alto de O Cebreiro, dende o miradoiro, as vistas das aldeas e montañas é impresionante e deixa ver as numerosas rutas de sendeirismo que podes facer na zona: dende o Hospital da Condesa ata o Pozo do Lago Maior ou a Ruta dos Muíños polo río Navia.

Non podes marchar sen comprar o queixo do Cebreiro.

5 pueblos de interior para perderte en Galicia: Allariz

Allariz

Vila medieval ourensá bañada polo río Arnoia e declarada Conxunto Histórico Artístico en 1971. O paseo polo río é un dos seus grandes atractivos ata chegar ao Muíño do Burato. Non esquezas facer un selfie na espectacular Ponte de Vilanova.

Allariz destaca polas súas casas remodeladas e as súas rúas de pedra para pasear e ver os restos da Muralla ou o barrio xudeu.

Non podes perder o Mosteiro de Santa Clara, o castro ou Cibdá de Armea no alto do monte das Casarellas ou Muradellas ou o xacemento de San Salvador dos Penedos – Castelo de Todea. Achégache a Santa Mariña de Augas onde se mesturan historia, tradición e lenda.

5 pueblos de interior para perderte en Galicia: Mondoñedo

Mondoñedo

Vila lucense chea de historia e un patrimonio monumental recoñecido como Conxunto Histórico Artístico en 1985. Terra de Álvaro Cunqueiro, a súa estatua ocupa un lugar privilexiado mirando á súa impresionante Catedral, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2015; así como o Camiño do Norte de Santiago que atravesa a localidade.

As rúas de Mondoñedo esconden tesouros como o Pazo Episcopal, a Praza de España ou o Santuario dos Remedios. Pero tamén paseos con encanto polo barrio dos Muíños, a Alameda dos Remedios ou a ponte do Pasatempo.

Pero ademais, destaca a súa riqueza natural que podes descubrir facendo unha das súas moitas rutas de sendeirismo como a Ruta da Fraga Vella, polas zonas altas da Serra do Xistral, ou a Ruta da Auga, que pasa ao pé da Cova do Rei Cintolo. Recomendámosche que vaias vela, non só porque é a máis grande de Galicia con seis quilómetros e medio de lonxitude, senón tamén polo espectáculo de estalactitas e columnas que alberga.

5 pueblos de interior para perderte en Galicia: Tui

Tui

E dunha catedral a outra. Santa María de Tui, bañada polo río Miño, preside a localidade pontevedresa que limita con Portugal. O conxunto histórico-artístico de Tui é unha das mellores mostras de urbe medieval para descubrir.

Pérdete polas súas pequenas rúas e prazas, casas señoriais ou conventos como o de Santo Domingo. É probable que cruces cos peregrinos que elixen facer o Camiño Portugués a Santiago.

Imprescindible visitar o Parque Natural Monte Aloia para descubrir restos prehistóricos e romanos. No seu percorrido atoparás varios miradoiros para desfrutar dunha paisaxe que abarca dende o Baixo Miño ata as Illas Cíes. Por diante, 10 km de sendas salpicadas de lugares como a ermida do Alto de San Xián ou o castro do Alto dos Cubos.

5 pueblos de interior para perderte en Galicia: Betanzos

Betanzos

A praza Irmáns García Naveira é o núcleo neurálxico desta localidade coruñesa famosa pola súa tortilla, que podes probar pola ruta de viños en As Calexas.

O seu casco antigo foi declarado Conxunto Histórico Artístico en 1970 e motivos non lle falta. Betanzos aínda conserva tres portas de acceso da antiga muralla medieval. Ademais, esconde xoias como o Convento de Santo Domingo ou as igrexas Santa María do Azogue e San Francisco.

Ademais do paseo fluvial dos Caneiros e a súa tradicional romaría en agosto, Betanzos deixarache coa boca aberta grazas ao Parque do Pasatempo. Dos 90.000 metros cadrados que contaba na súa orixe, agora conserva unha décima parte, pero é digno de ver. Legado dos irmáns Naveira, o parque inaugurou o concepto de parque temático e nel pódense ver un león xigante, a pirámide de Keops, o estanque do Retiro e moitos outros segredos.

Visitaches estes pobos? Cóntanos cal é o teu preferido nos comentarios.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.