menú

Xullo, o noso mes do surf

01/07/2020
Blog R

Es un apaixonado das ondas? Pois temos boas noticias para ti: Surf Channel está en aberto para os clientes de televisión R durante todo o mes de xullo.

Surf Channel é unha canle repleta de películas, documentais, cine, series, viaxes, reportaxes, moda, tendencias e lecer con moita paixón polo surf, as táboas, o deporte, a vida sa, as praias e o medio ambiente.

Estás preparado para coller a onda con Surf Channel en xullo? Toma nota dalgunhas das citas que te esperan na canle.

‘WHAT SUP’

‘WHAT SUP‘ é a primeira serie de televisión do mundo dedicada exclusivamente ao deporte e a cultura multifacética denominada Stand Up Paddling. Sabías que é o deporte acuático de máis rápido crecemento no mundo?

‘Satori’

E se es un apaixonado das ondas seguro que recoñeces estes dous lugares: The Sentinel en Hout Bay e Sunset Reef, na pequena aldea costeira de Kommetjie. Aí están dúas das ondas xigantes máis grandes do planeta. O multipremiado documental ‘Satori’ trasládanos a este espectacular lugar e móstranos como nunca o poder e a beleza do océano.

‘Espacio Azul’

A sustentabilidade e o medio ambiente son outros dos grandes eixos da programación de Surf Channel. Cada mes, en ‘Espacio Azul’ trátanse temas relacionados coa conservación do medio ambiente e a sustentabilidade da man de Juanjo González Trueba, presidente da ong Surf & Nature Alliance.

‘The Lap of Tasmania’

E unha aventura diferente: Dustin Hollick e Rhian Slapp son dous pais de familia normais, con pouca ou ningunha habilidade en materia de supervivencia, que deciden embarcarse nunha viaxe de dúas semanas por Tasmania, con pouco máis que a roupa que levan posta. As regras son simples: sen efectivo, sen automóbil, sen tecnoloxía e só 10 artigos persoais cada un. Descobre en ‘ The Lap of Tasmania’ como se inxenian para vivir a experiencia.

Lembra, as mellores ondas espérante no dial 117 da túa televisión R en xullo.

E a partir de agosto podes desfrutar de Surf Channel dentro do paquete TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar maria jose di:

    busco el dial 117 para ver el canal d surf y no me aparece, donde lo encuentro????

    • blog R blog R di:

      Hola, María José.

      Prueba a resintonizar los canales para que actualice el descodificador.

      Te indico como según el tipo de equipo que tengas:

      Desco HD (negro rectangular):
      Pulsa los botones 0610 en el mando

      Desco 4K:
      Ve al menú de configuración y dale a resintonizar

      Si una vez hecho esto sigue sin aparecer contacta con los compañeros de soporte técnico en el 1449 opción 2.

      Un saludo.

  2. Avatar Marcos di:

    En mi desco de R no tengo dial 117, pasa del 116 (la sexta) al 118 (tvg2).