menú

XTRM estrea ‘Cenk Batu’

28/01/2019
Blog R

‘Cenk Batu’ é o título da serie de acción que se estrea en XTRM (dial 6) o luns 4 de febreiro ás 22:00 h. Descubre na televisión R a un novo axente que non pasará desapercibido.

Os lobos solitarios sempre nos sorprenden coas súas capacidades. Este é o caso de Cenk Batu, un tipo camaleónico ao que nada detén. O noso axente infiltrado é elegante, multilingüe e ten a habilidade de moverse en diferentes contornas.

Cenk Batu aproveitará o seu talento nunha ampla variedade de casos que van dende a espionaxe industrial ata as células terroristas e os asasinatos políticos.

Un personaxe xurdido dun fenómeno televisivo

Cenk Batu tivo a honra de formar parte de ‘El lugar del crimen’, serie que se converteu nun auténtico fenómeno de televisión en Alemaña tras 45 anos en emisión.

XTRM ofréceche agora en exclusiva ‘Cenk Batu’, serie independente de acción trepidante composta por seis episodios.

Mehmet Kurtulus (‘Caza Mayor’) dará vida a este axente encuberto que non ten freo.

Síguelle a pista, os luns na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.