menú

XTRM, canle en aberto en maio

25/04/2019
Blog R

A partir do xoves 2 de maio XTRM emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece XTRM se tes tv ocio, tv festa, tv familia ou tv series. Terminado ese período poderás seguir desfrutando desta canle se contratas a opción cine.

A canle con máis acción

XTRM é unha canle de televisión especializada en películas e series de acción.

A súa programación é puro entretemento pensado para os seguidores das emocións fortes. É a canle de Stallone, Statham, Schwarzenegger e demais tipos duros. Como eles se definen, “se o teu son as emocións fortes, o thriller e a ciencia ficción, agardámoste!”.

Kiefer Sutherland, de estrea en XTRM

En maio, XTRM estrea “Designated Survivor”, un trepidante thriller protagonizado por Kiefer Sutherland no que un home ordinario se ve envolto nunha situación extraordinaria.

Ademais, chegan novos episodios dunha das series emblemáticas da canle: “Strike Back”, que vai xa pola sexta tempada.

Tampouco faltará o cine en maio na canle. Abrocha o cinto co ciclo ‘A todo gas’ que inclúe películas como “Taxi 2”, “Taxi 3”, “Desde París con amor” ou “Rush”, entre outras.

Como ver XTRM en R

Lembra, durante o mes de maio, tes XTRM en aberto na televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 6
  • León e Cantabria: dial 43

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar JAVIER DIAZ di:

    Quisiera me respondieran un par de preguntas.
    ¿Es cierto, como me han dicho por teléfono en servicio técnico, que estas promociones mensuales de canales en abierto solamente se tiene acceso al canal en abierto y no al rebobina del canal en promoción?
    De ser así, ¿esto desde cuando es así? puesto que hasta el mes de marzo (durante el cual hubo muchos problemas con rebobina) SIEMPRE TUVE ACCESO desde hace mucho tiempo al canal en abierto del mes en promoción y también su rebobina.
    Si no estoy en lo cierto, NO expongan en estas publicaciones de promociones, como asi consta al final de esta y de otras anteriores “El canal está también en rebobina, así que podrás ver los programas que más te interesen cuando quieras.”. Que llevan a confusión y especifiquen mejor.
    Al mismo tiempo, por la misma razón, también desde el mes de marzo en el que estuvo en promoción en abierto el canal BLAZE, ¿Por qué sigo teniendo acceso al rebobina de dicho canal un mes después de finalizada la promoción si no lo tengo contratado?
    GRACIAS.