menú

‘Wolf Creek’ volve a XTRM

22/10/2018
Blog R

O domingo 28 de outubro, ás 22:00 h, XTRM (dial 6) estrea a segunda tempada da serie ‘Wolf Creek’. O sanguinario asasino xenófobo Mick Taylor volve á televisión R.

John Jarratt volve dar vida ao macabro xenófobo Mick Taylor nesta segunda entrega de ‘Wolf Creek’, serie que foi descrita como un thriller psicolóxico dividido en seis partes.

Mick Taylor verá a oportunidade da súa vida despois de atoparse por casualidade cun autobús cheo de turistas de todo o mundo que están a piques de vivir unha aventura que ningún deles podería imaxinar.

Do cine á pequena pantalla

‘Wolf Creek’ é un spin off da película de culto homónima do ano 2005. O seu protagonista é o sanguinario asasino Mick Taylor.

Na primeira tempada, Mick elixía unha familia de vacacións no norte de Australia para aterrorizala e destruíla, pero ese era só o comezo doutra historia. Gravemente ferida, Eve, de 19 anos, sobrevivía ao masacre, recuperábase e dispoñíase a vingarse.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.