menú

Volven os homes de Harrelson a AXN

22/11/2019
Blog R

O luns 25 de novembro AXN estrea a terceira tempada de “S.W.A.T.: Los hombres de Harrelson” ás 22:05 h. Vive a acción na televisión R.

O equipo traballa co tenente Piper Lynch para dar caza un terrorista en serie que está a usar drons como bombas.

Mentres tanto, o primeiro día de Hondo como titor legal de Darryl complícase tras a intervención do seu pai.

Unha historia mítica da televisión

“S.W.A.T.: Los hombres de Harrelson” é a nova versión da mítica serie dos 70, que á súa vez tivo varias adaptacións cinematográficas. Está protagonizada por Shemar Moore, o que fora o axente especial Derek Morgan durante once tempadas en “Mentes Criminales”.

Daniel “Hondo” Harrelson é un sarxento S.W.A.T. nado e criado para iso. Recentemente encargóuselle dirixir unha unidade táctica especializada como recurso máximo para aplicar a lei nos Anxos. Dividido entre a lealdade cara ás súas orixes e cara aos seus irmáns de azul, ten todo o necesario para ser un excelente líder e unir os dous mundos.

Todo o equipo

A unidade de elite de Hondo inclúe a David ‘Deacon’ Kay, un experimentado oficial S.W.A.T. que sempre pon o equipo primeiro, malia non ser considerado para o traballo principal.

Completan o grupo Jim Street, un fachendoso pero prometedor, novo membro do grupo; Christina “Chris” Alonso, unha hábil oficial e a adestradora canina do equipo; e Dominique Luca, un experto condutor que os fai entrar e saír de situacións de alto risco.

A supervisora da unidade é Jessica Cortez, a capitá que valora o seu traballo por encima de todo, incluídas as súas relacións extraoficiais con Hondo.

Como ver “S.W.A.T.: Los hombres de Harrelson”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial de AXN.

  • Galicia: dial 21
  • León e Cantabria: dial 22

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí. Lembra, ademais, que tes todos os episodios da serie dispoñibles en rebobina para velos cando queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.