menú

Vive o Tour de Francia en Eurosport

28/08/2020
Blog R

Eurosport enfunda o maillot para ofrecer en directo o Tour de Francia dende o sábado 29 de agosto ao domingo 20 de setembro. Subímonos á bici na televisión R.

Chega a cita que cada ano reúne as mellores figuras do ciclismo durante tres intensas semanas apaixonantes, con dous días de descanso, nas que o pelotón buscará o triunfo na primeira das “Tres Grandes Voltas”, con Egan Bernal como vixente campión e defensor do título neste 2020.

trazado duro e esixente

Con inicio en Niza, o pelotón terá que percorrer un total de 3.470 quilómetros agrupados en 21 etapas: 9 chairas, 1 contrarreloxo individual, 8 de montaña e 3 de media montaña.

Como en cada edición da rolda francesa, a montaña é a gran protagonista e o escenario de etapas realmente duras para o pelotón. A edición número 107 do Tour de Francia atravesa os cinco macizos montañosos do país: Alpes, Macizo Central, Pireneos, Jura e Vosgos. Tamén haberá catro ascensións inéditas: o Col de la Lusette e o Suc au May no Macizo Central; o Col da Hourcère nos Pireneos; o Col da Loze nos Alpes e, por último, o Col da Madeleine por unha ruta inédita.

Un equipo á altura da competición

Eurosport emite de maneira íntegra todas as etapas da carreira, xunto con resumos, grandes protagonistas do día, curiosidades… Todo iso cun equipo excepcional encabezado por Alberto Contador. O exciclista profesional comentará por terceira vez o Tour de Francia. Xunto a el, Javier Ares, Antonio Alix, Luis Jiménez e Saúl Garrido farannos vibrar con toda a emoción e a adrenalina que se desprende desta mítica proba ciclista.

Vive coa televisión R a loita polo maillot amarelo co Arco do Triunfo parisiense como testemuña. Esperámoste!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.