menú

‘Vis a Vis’ estrea cuarta tempada en FOX

27/11/2018
Blog R

FOX (dial 20) estrea a nova tempada do drama carcelario ‘Vis a Vis’ o luns 3 de decembro, ás 22:00 h. A televisión R volve a Cruz del Norte.

De novo en Cruz del Norte

A serie volve con máis forza que nunca tras a frustrada fuxida de Altagracia, Saray e Zulema e o motín capitaneado por Sole, Rizos e Tere ao final da terceira tempada.

Nos novos episodios, Altagracia, Saray e Zulema volven ingresar en Cruz del Norte, onde Sandoval, o novo director da prisión, impuxo un réxime de terror que non impide que Mercedes, que deixou atrás a súa inocencia, herdase o tráfico de drogas que no seu día lideraba Anabel.

Novas caras, vellos coñecidos e dous cameos de excepción

As novas tramas traen consigo novas fichaxes, como o actor chileno Benjamín Vicuña (‘El hilo rojo’, ‘La memoria del agua’), quen interpreta a Hierro, un novo e implacable funcionario de Cruz del Norte; tamén se incorpora Cristina Marcos (‘Cuéntame como pasó’), que lle dá vida á dona do conglomerado das prisións Cruz; Georgina Amorós (‘Bajo Sospecha’) é a encargada de lle dar vida a un novo personaxe da contorna de Zulema; e Edgar Vittorino convertiuse nun misterioso recluso dun dos cárceres Cruz para homes.

Nesta cuarta tempada, tamén damos a benvida a vellos coñecidos como Palacios (Alberto Velasco), que xa participou nas dúas primeiras tempadas da serie, e Maca (Maggie Civantos), que volverá á galería de Cruz do Norte.

Os novos episodios contan ademais cos cameos de Miriam Rodríguez, a finalista de ‘OT’, que participa nun coro formado por presas de Cruz do Norte, e de Mala Rodríguez, que protagoniza unha secuencia xunto a Alba Flores.

Á fronte do equipo de ‘Vis a Vis’ continúa o produtor executivo Iván Escobar, así como os nomes principais do elenco: Najwa Nimri, Berta Vázquez, Alba Flores, María Isabel Díaz, Adriana Paz, Ramiro Blas, Ruth Díaz, Itziar Castro, Laura Baena Torres, Marta Aledo, Zaira Pérez, Abril Zamora e Jesús Castejón, entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.