menú

‘Vengadores: Infinity War’, en M. Estrenos

19/12/2018
Blog R

O martes 25 de decembro chega a Movistar Estrenos (dial 4) a película ‘Vengadores: Infinity War’. Ás 22:00 h, os superheroes arrasan a televisión R.

O poderoso Thanos está decidido a facerse coas Xemas do Infinito para controlar o universo. Ataca a nave asgardiana na que foxen os sobreviventes do antigo reino de Odín. A súa intención é conseguir a segunda das xemas, agora en mans de Loki.

Os superheroes Marvel unen forzas contra Thanos, quen desexa dar o seu particular equilibrio ao Universo… acabando coa metade dos seus habitantes.

Un gran éxito da saga

‘Vengadores: Infinity War’ é a terceira entrega da saga ‘Vengadores’ e pon fin a cada unha das fases do Universo Cinematográfico Marvel.

A película colleitou un éxito mundial de taquilla sen precedentes. Está dirixida polos irmáns Joe e Anthony Russo e protagonizada por practicamente todos os heroes e viláns do Universo Cinematográfico Marvel.

Así, o elenco inclúe a Robert Downey Jr. como Iron Man; Chris Hemsworth como Thor; Mark Ruffalo como Hulk; Chris Evans como Capitán América; Scarlett Johansson como Viúva negra; Josh Brolin como Thanos; Chris Pratt como Star-Lord; Benedict Cumberbatch como Doutor Strange; Tom Holland como Spider-Man; Chadwick Boseman como Black Panther; Zoe Saldana como Gamora; Karen Gillan como Nébula; Dave Bautista como Drax; Don Cheadle como Máquina de Guerra; Gwyneth Paltrow como Pepper Potts; Benicio Del Toro como El Coleccionista; Tom Hiddleston como Loki; Paul Bettany como Visión; e Elizabeth Olsen como La bruja escarlata.

Na película non falta o cameo habitual de Stan Lee, que esta vez se converte no condutor do autobús escolar de Peter Parker.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.