
‘Valeria’, o novo éxito de Netflix
Amor, amizade, traballo, dúbidas existenciais, proxectos de futuro… O novo éxito de Netflix con selo español chámase ‘Valeria’.
Val é unha escritora sumida nun bloqueo creativo cunha data de entrega á volta da esquina.
Refuxiouse nas súas tres mellores amigas, Carmen, Nerea e Lola, pero elas tamén lidan cos seus propios problemas: Adri comeza un novo traballo, Lola está frustrada con Sergio… Cando un ‘guaperas’ se cruza na súa vida, Val toma unha decisión, e se proba a escribir unha novela erótica?
Da Rede, ás librerías e á tele
‘Valeria’ é unha adaptación das novelas de Elísabet Benavent, unha saga literaria que comezou autopublicando en internet e que no seu salto ao mercado editorial xa vendeu máis dun millón de exemplares. Aínda que a serie desenvolve tamén unha historia e uns personaxes con identidade propia que te sorprenderán.
Diana Gómez, Silma López, Paula Malia e Maxi Iglesias son os protagonistas desta serie que xa tes dispoñible en Neftlix.
Sabías que tes acceso directo a Netflix no mando a distancia do teu deco 4K? Descubrir ‘Valeria’ é un un bo momento para usalo .
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Pregunto:
O meu mando a distancia está actualizado? é o meu un deco 4K?
Ola, Begoña.
O mando a distancia non precisa de actualizacións de software. Para revisar se tes o desco 4k na última versión podes chamar o 1449 e marcar a opción 2 e así revisalo cos compañeiros de soporte técnico.
Un saúdo.