menú

‘The Umbrella Academy’, dispoñible en Netflix

01/03/2019
Blog R

Como che contamos, xa podes desfrutar de Netflix directamente dende o deco 4K de R. E en marzo tes dispoñible una das grandes apostas da tempada: ‘The Umbrella Academy’.

Sete irmáns ‘diferentes’

Un día calquera de 1989, corenta e tres nenos naceron de nais solteiras sen ningunha conexión entre elas. Foi algo extraordinario, xa que ningunha desas mulleres parecía embarazada a véspera.

Sete dos nenos foron adoptados por Sir Reginald Hargreeves, un magnate que puxo en marcha ‘The Umbrella Academy’ para preparar os seus ‘fillos’ cun fin: salvar o mundo. Pero as cousas non saíron como tiña previsto. Durante a etapa adolescente dos sete, os conflitos familiares acabaron por dividir o equipo.

Xa na trintena, os seis membros sobreviventes reúnense con motivo do falecemento de Hargreeves. Luther, Diego, Allison, Klaus, Vanya e Número Cinco traballarán de xeito conxunto para resolver o misterio da morte do seu pai. Con todo, a unidade desta peculiar familia non tardará en deteriorarse por culpa das súas dispares personalidades e poderes. Por non mencionar a inminente ameaza dunha apocalipse global.

Do cómic á pequena pantalla

‘The Umbrella Academy’ está baseada nas populares novelas gráficas e cómics gañadores do premio Eisner, creados e guionizados por Gerard Way (‘My Chemical Romance’), ilustrados por Gabriel Bá e publicados por Dark Horse Comics.

Esta serie con actores reais está protagonizada por Ellen Page, Tom Hopper, Emmy Raver-Lampman, Robert Sheehan, David Castañeda, Aidan Gallagher, Cameron Britton e Mary J. Blige.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.