menú

Chega ‘El último Sharknado’

16/08/2018
Blog R

‘El último Sharknado: Ya era hora’ é o título completo da última batalla da saga cinematográfica de culto. A película estréase en Syfy (dial 27) o xoves 23 de agosto ás 22:00 h.

Ian Ziering, Tara Reid, Cassie Scerbo, Vivica A. Fox e Judah Friedlander volverán loitar contra a tormenta. Tras enfrontarse a quenllas por todo o planeta, na entrega final, o protagonista Fin (Ziering) deberá superar a última fronteira: as viaxes no tempo.

‘Sharknado 5: Aletamiento global’ terminaba con Fin paseando só entre os cascallos do que quedaba da Terra. Agora, en ‘El último Sharknado’, deberá viaxar no tempo para evitar a tormenta de quenllas primixenia. Conseguirán Fin e os seus compañeiros canalizar o desastre e salvar o mundo?

Anthony C. Ferrante dirixe ‘El último Sharknado: Ya era hora’ a partir dun guión orixinal de Scotty Mullen.

Unha saga de culto

Dende que a primeira película da serie se estreou en Syfy no 2013, Sharknado creou un tsunami nas redes sociais en todo o mundo, converténdose nunha película de culto. A saga destaca tamén pola variedade das súas estrelas convidadas: Fabio, Bret Michaels, Tony Hawk, Clay Aiken, Olivia Newton John, Andy Dick, Perez Hilton e Geraldo Rivera, entre moitos outros.

Todo un día nadando entre quenllas

E para acompañar a estrea da última batalla de Ian Ziering, Tara Reid, Cassie Scerbo e Vivica A. Fox, Syfy preparou un especial de programación coas mellores películas sobre quenllas. Emitirase partir das 13:00 h e inclúe títulos como ‘Tiburones del Hielo’, ‘El Imperio de los Tiburones’, ‘Summer Shark Attack’, ‘El Planeta de los Tiburones’, ‘Sharknado 4’, ‘Sharknado 5: Aletamiento Global’, ‘El ataque del tiburón de cinco cabezas’, ‘El ataque del tiburón de tres cabezas’ e ‘Shark shock’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.