menú

Chega o último episodio de “Juego de Tronos”

15/05/2019
Blog R

Despois de meses con ganas de desfrutar de “Juego de Tronos”, chega o final da serie máis esperada.

Na madrugada do domingo 19 ao luns 20, ás 3:00 h, emítese o último capítulo. O inverno acábase definitivamente.

O Trono de Ferro en xogo

O episodio 6 da 8ª tempada emítese á vez que nos EE. UU., en VOS. Lembra que, a continuación, sobre as 4:20 h, poderás ver o contido dobrado ao español.

Despois dunha tempada chea de sorpresas e sobresaltos, na que vivimos co corazón nun puño durante o terceiro episodio (“A Longa Noite”) e onde quedamos coa boca aberta no quinto (“As campás”), toca poñerlle o punto e final a unha das series máis vistas en todo o mundo. En xogo está o Trono de Ferro. Só nos queda saber quen o ocupará tras as múltiples guerras e batallas.

Máis que unha serie

Os Lannister, Stark, Targaryen, Baratheon ou os “camiñantes brancos” formaron parte durante os últimos anos do noso día a día televisivo. Tanto, que se convertiron nun fenómeno a nivel mundial.

O primeiro episodio da última tempada, por exemplo, foi visto só nos Estados Unidos por 17,4 millóns de espectadores. Creáronse miles de webs, blogs e vídeos con comentarios e teorías sobre o final da serie. E tras oito tempadas, por fin poderemos coñecer como acaba todo.

Como ver “Juego de Tronos” en R

Podes ver “Juego de Tronos” se tes contratada a opción “máis series”.

  • Galicia: dial 30
  • León: dial 29

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.