menú

Última oportunidade: series de rebobina que caducan en maio

13/05/2019
Blog R

Extra! Extra! Última oportunidade de ver a túas series favoritas antes de que caduquen en rebobina.

Entendemos que moitas veces non podes estar pendente da programación, por iso poñemos á túa disposición o servicio de rebobina, nel atoparás a gran maioría dos contidos da televisión R.

Podes ver dende series, documentais, películas, ata concertos. Ademais de telos á túa completa disposición unha vez foron emitidos, tamén podes recuperalos. Que quere dicir isto? Que se chegaches tarde e o programa ou a serie xa comezara, podes velo dende o principio e así non perderte nin un só detalle. Ademais rebobina tamén permite reproducilos como se dun vídeo se tratara, pausando, avanzando e rebobinando o contido.

Actualmente dispoñemos de varias series de gran éxito internacional, que están a punto de vencer en rebobina. É dicir, que se non aproveitas a oportunidade de velas durante este mes, en xuño xa non estarán dispoñibles.

Into the Badlands

Nestá terceira tempada da serie de drama, baseada nas artes marciais, revelaranse secretos que estiveron por moito tempo encerrados, e estableceranse novas alianzas. a saga culminará cunha épica batalla de batallas.

  • Tes dispoñible dende a tempada 1 ata a 3
  • Vence en rebobina o día 27 de maio

into the badlands

Vota Juan

Ambientada no mundo da política, Vota Juan, centrase na figura dun ministro de agricultura, que despois dunha serie de casualidades políticas, as cales espertan a súa ambición neste área, decide presentar as eleccións primarias do seu partido e optar así a presidencia do goberno.

  • Tes dispoñible a tempada 1
  • Vence en rebobina o día 27 de maio

vota juan

Penny Dreadful

Unha serie ambientada na Inglaterra victoriana, na que tres personaxes: Sir Malcolm, vidente; Vanessa Ives, pistoleira americana; Ethan Chandler, prometedor cirurxián, únense para combater unha ameaza sobrenatural, e intentar rescatar unha moza desaparecida.

    • Tes dispoñibles dende a tempada 1 ata a tempada 3
    • Vence en rebobina o día 01 de maio

Shameless

Este remake dunha serie británica, narra a historia duna familia disfuncional e un tanto peculiar. Un pai solteiro, con problemas de alcohol, que se esforza moi pouco por quitar aos seus fillos adiante. É a filla maior, Fiona, quen toma as rendas da familia. Renunciando á súa adolescencia, aos seus soños, e madurando antes de tempo, exerce de nai para os demais irmáns.

      • Tes dispoñibles dende a tempada 1 ata a tempada 8
      • Vence en rebobina o 5 de maio.

Downton Abbey

Serie ambientada no 1912 nunha mansión da típica campiña inglesa. Abarca dende a Primeira Guerra Mundial ata comezos dos anos 20.

A aristócrata familia Crawley comparte fogar con súa servidume, os cales viven, fan os seus plans e incluso soñan nos arredores desta mansión. Algúns deles son fieis á familia, sen embargo outros procuran novos soños ou aventuras. O problema chega cando os empregados saben moitos secretos da familia… Os Crawley a penas coñecen o pasado dalgúns dos seus serventes. A vida desta familia e o seu servizo vese alterada pola guerra, e cando finalmente chega a paz, o estilo de vida que coñecían cambiou? Terán que loitar por salvagardar Downton?

      • Tes dispoñibles dende a tempada 1 ata a tempada 6
      • Vence en rebobina o 31 de maio

Non te perdas estas series, nin o resto de contidos que temos dispoñibles para ti en rebobina!

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Roberto di:

    Shameless la empecé a ver la semana pasada, llevo una temporada y la sacaron, valla gracia