menú

Leva a túa tele de R onde queiras

20/08/2020
Blog R

Apetécenos prolongar o veraneo, seguimos con sabor de vacacións e non queremos volver ao sofá. A tele de R é a túa mellor compañeira de viaxe e vai onde ti vaias. Coñeces tv comigo?

tv comigo é o servizo que che permite ver a televisión R no teu computador, móbil ou tablet.

Como me conecto?

Podes conectarte usando unha rede wifi ou os datos da túa tarifa móbilR.

Para acceder só tes que descargar a app para Android e iOS. Se prefires facelo a través dun computador ou portátil, entra en http://ott.mundo-r.com a través dun navegador con Chrome.

Contidos para todos os gustos

O verán é tempo de maratóns, e aquí non vos falamos dos deportivos, senón dos fantásticos ‘planazos’ que xa vos comentamos para desfrutar das nosas series completas en rebobina.

Acumúlanseche as series e pelis que queres ver? Non perdas nin un momento e sígueas todas onde esteas dende a app. Tes máis de 50 canles en directo e miles de contidos: as últimas series, películas, documentais, música e os mellores contidos infantís para os máis peques.

Na tele de R, ti estás ao mando

tv comigo inclúe ademais gravación de contidos dende a app para ver os contidos canto ti queiras; opción de continuar vendo; reprodución automática do seguinte episodio e lista de favoritos; procura avanzada e unha guía dende a que podes facer de todo, dende ver a programación das canles para acceder a máis contidos do mesma canle ou ler a sinopse estendida de todas as series e películas.

E, por suposto, podes acceder á tele en directo para que non perdas o que están a emitir nunha canle ao mesmo tempo que navegas por outras canles. Nestes casos, a pantalla aparecerache dividida para que non perdas nada do que ocorre na tele de R.

Ah, e non esquezas botar un ollo aos nosos contidos de rebobina en formato listaxe.

Agora que xa coñeces mellor tv comigo, onde a levas de veraneo?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Rosa Ana di:

    Hola, quería saber si tiene algún coste adicional, o si es gratis.
    Gracias

  2. Avatar Gema di:

    Yo dispongo de tv comigo, pero es un coñazo, no puedo ver una pelicula entera, se queda parada muchas veces y cuando espero a terminar de verla me pone error de conexión. Me desespero.

  3. Avatar Alberto di:

    Se pueden ver los mismos canales que en la TV o son menos?. Gracias

  4. Avatar finasotocarballo48@gmail.comvc di:

    Se come los datos móviles enseguida. No le encuentro ventajas a no ser que tengas WiFi.

  5. Avatar Pepe di:

    Hola, 1-¿este servicio está disponible para contratos de empresa? 2- En caso la ADSL no es de R ¿podría usar el servicio usando la WiFi que es de otro operador?