menú

Vive o Tour de Francia en Eurosport a través da televisión R

25/06/2021
Blog R

Non hai descanso para o pelotón. Cun ritmo sen parada no calendario da UCI, as estrelas do ciclismo encaran xa o segundo gran porto da tempada. Non perdas o Tour de Francia 2021, do 26 de xuño ao 18 de xullo, en Eurosport.

Un percorrido esixente que comeza no oeste do país

O sábado 26 arrinca na cidade bretoa de Brest a edición número 108 da rolda gala, que se prolongará ata o domingo 18 de xullo, cun intenso percorrido integrado por oito etapas chairas, cinco grandes etapas de montaña, con tres finais en alto e dúas probas de contrarreloxo individual ao longo dun percorrido que só deixa o territorio francés nunha das etapas, a número 15, para entrar en Andorra.

Programación especial de Eurosport

Eurosport emite en directo todas as etapas deste Tour de Francia 2021. A programación especial da canle inclúe máis de 100 horas de cobertura, emitindo tanto a carreira en directo como as análises posteriores e consolidando así unha vez máis a Eurosport como a ‘Casa do Ciclismo’.

Entrevistas exclusivas, análises de todo o que aconteza sobre chan francés e a participación dos mellores expertos neste deporte conforman unha cobertura única por parte de Eurosport, con resumos das etapas, os grandes protagonistas do día, curiosidades e a última hora da carreira.

Alberto Contador encabeza o pelotón de expertos en ciclismo de Eurosport, xunto con Javier Ares, Juan Antonio Flecha, Juan Clavijo, Eduardo Chozas e Saúl Miguel Garrido; e o equipo de ‘La Montonera’, capitaneado por Laura Meseguer e Adrián García.

A loita polo maillot amarelo no 2021

Prepárate para tres intensas semanas, con só dous días de descanso, nas que o pelotón buscará o triunfo na segunda das Tres Grandes Voltas, con Tadej Pogacar como vixente campión tras a súa grande actuación en 2020.

A participación para a edición deste ano do Tour de Francia é unha das mellores dos últimos anos na carreira francesa. O triunfo o ano pasado de Tadej marcou un antes e un despois no pelotón tras o duelo final entre eslovenos que protagonizou o propio Pogacar e o seu compatriota Primoz Roglic.

Neste 2021, o cartel de participantes confirmados supón un elenco de estrelas á altura da cita, con primeiros espadas do ciclismo como Richard Carapaz, Miguel Ángel López, Primoz Roglic, Enric Mas, Wout Van Aert ou Tao Geoghegan Hart.

Quen conseguirá o cobizado maillot amarelo na edición deste ano? Vive toda a emoción do Tour de Francia en Eurosport a través da televisión R a partir do 26 de xuño.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.