menú

Sigue o Tour de Francia en Eurosport

02/07/2019
Blog R

O sábado 6 de xullo arrinca unha nova edición do Tour de Francia. Tes cita co mellor ciclismo na televisión R.

O Tour de Francia é un dos eventos máis icónicos para o mundo do ciclismo e tamén para a canle Eurosport. A 106ª edición reúne todos os elementos para converterse nunha das máis memorables e Eurosport 1 e Eurosport 2 ofrecerán as 21 etapas da carreira, con máis de 80 horas de ciclismo en directo.

A programación especial da canle inclúe a emisión do programa “Tour de Francia Extra” un par de veces ao día, xusto antes e despois de cada etapa.

Dende Bruxelas aos Campos Elíseos de París

A competición arrinca este ano en Bruxelas e inclúe dúas etapas por terras belgas. Ademais, quere render homenaxe ao mítico ciclista belga Eddy Merckx cando se cumpren 50 anos do aniversario dos cinco Tours consecutivos que gañou.

Un total de 22 equipos disputaranse a vitoria na prestixiosa rolda gala, aos que espera un percorrido de 3.480 quilómetros repartidos en 21 etapas: 7 en chairo, 5 de media montaña e 7 de alta montaña ideais para os escaladores.

Como ver o Tour de Francia en R

Podes ver o Tour de Francia se tes contratada a opción tv familia ou festa rachada da televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: diais 70 e 71
  • León e Cantabria: diais 80 e 81

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.