menú

As novidades para xuño de Tolemias

10/06/2019
Blog R

En xuño, temos punk, pop, rock, indie… Música e sons para todos os gustos na subscrición Tolemias da televisión R.

Novedades Carminha – “A Tribo Toda Baila”

É a bandeira do punk en Galicia. Cun estilo con letras e estruturas puras deste xénero, a formación composta por Jarri ao baixo, Carlangas na guitarra e Xavi á batería leva anos sendo un nome fixo nos grandes festivais da zona. Neste caso, no recinto de ExpOurense, Novedades Carminha presenta o seu terceiro disco “Jódete y Baila”.

A clave do éxito da banda está no directo. Os ritmos pegadizos xunto coas letras irreverentes fan un cóctel perfecto para bailar e liala dende o público.

Eladio y los Seres Queridos – Multiusos do Sar

O festival SONa foi o expositor das mellores bandas de pop galegas no 2012. A banda viguesa aproveitou a cita para presentar os novos temas do que era o seu último disco ata a data, “Están Todos Unidos”. Ademais, Eladio fixo vibrar o público co repertorio do su anterior e mítico albúm, “Esto que Tienes Delante”, unha expresión absoluta e sentida da visión artística deste icono da música pop viguesa.

We are Standard – Festival Music Way

É o nome oficial do grupo indie de Getxo que foi coñecido como Standar ata o ano 2008. O grupo arranca con forza no 2004 cando gravaron o traballo “Golden Section”, que os colocou de inmediato na escena nacional e internacional.

O seu primeiro disco, “3.000 V 40.000W”, foi un éxito rotundo, provocando unha extensísima xira de presentación de máis de 100 concertos que levounos por toda España e parte de Europa. En 2007, tan só un ano despois de que o seu primeiro disco saíse a venda, foi publicado en Estados Unidos. O seu segundo álbum, homónimo do grupo, publicouse no 2008 e novamente a xira de presentación os levou fóra de España, chegando a facer xira en América.

The Cornelius – Festival Music Way

É unha banda con espírito de rock, influenciada por un montón de vellos discos e sons pops contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías, que ademais saben vestir con elegancia. Algúns dos seus concertos máis destacados foron no Noroeste Pop-Rock, con Morcheeba e Juliette Lewis no Help Contest e no MTV Galicia 2010 con The Temper Trap e Arcade Fire. Entre os seus logros, é reseñable tamén ter sido partícipes da “Coca-Cola Music Experience”, a través da cal gravaron un dos seus temas máis coñecidos, “Everything’s all right”, que aínda soa como cabeceira de múltiples programas de televisión e radio.

Delafé y las flores azules – Festival do Norte

É unha banda barcelonesa que nace ao xuntarse compoñentes doutros grupos da escena musical da Cidade Condal. As suas cancións están entre o rock, o pop, o soul e a música electrónica. As letras, máis próximas á poesía que á agresividade do hardcore, son positivas e críticas ao mesmo tempo, explorando sensacións pouco habituais no panorama nacional.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.