menú

Música sen fronteiras en Tolemias en xullo

09/07/2018
Blog R

Tolemias preparou unha programación de xullo con música para todos os gustos, que inclúe desde os míticos R.E.M. a Mutemath ou o son blues de Greg Izor & Piris a nomes españois que xa xogan nas grandes ligas, como Xoel López ou TAB.

Mutemath

Armistice Live presenta un concerto completo de Mutemath gravado e filmado no famoso Tabernacle de Atlanta, en Xeorxia, durante o Armistice Tour de Mutemath de outono de 2009, con cancións como ‘Typical’, ‘Spotlight’, ‘Break The Same’ e ‘Reset’.

Extreme

O ano pasado cumpríronse 25 anos da clásica ‘PORNOGRAFFITTI’, nominada ao Grammy, e que supuxo o álbum definitivo da carreira da banda. Para conmemorar o aniversario, Loud & Proud Records publica ‘PORNOGRAFFITTI LIVE 25 / METAL MELTDOWN’. É a película do concerto e mostra a banda de Boston en vivo en The Hard Rock Casino, en Las Vegas, en maio de 2015.

La Gran Pegatina

La Gran Pegatina presenta o single e o vídeo do tema ‘Mari Carmen’ como adianto do seu novo disco ‘Live 2016’, gravado en directo durante a súa actuación no festival Arenal Sound. A súa música festiva e a enerxía que transmiten fai que a conexión co público sexa total ao longo das máis de dúas horas que durou o show desta banda formada por trece músicos e un DJ.

R.E.M.

O 5 de abril de 1980, catro amigos da universidade, Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills e Michael Stipe, subiron ao escenario xuntos por primeira vez para tocar na casa dun amigo na súa festa de aniversario. Así nace unha exitosa banda que durante trinta anos cambiou a fórmula ata entón máis habitual na música rock.

Bayreuth Festival – Wagner: Das Rheingold

‘Der Ring des Nibelungen’, de Wagner, nunca soou mellor no cine que nesta lendaria produción do Festival de Bayreuth, gravada en 1992. Unha alegoría sobre a loita polo poder supremo, o ‘Anel’, que consta de catro dramas épicos, comezando co prólogo, ‘Das Rheingold’.

Real Filharmonía de Galicia – Yevgueni Oneguin, Op. 24 – Chaikovski

Eugenio Oneguin (o título orixinal é ‘Yevgueni Oneguin, Op. 24’) é unha ópera en tres actos (e sete escenas) con música de Piotr Ilich Chaikovski e libreto en ruso de Konstantín Shilovski y Modest Chaikovski, irmán do compositor. É un dos exemplos máis coñecidos de ópera lírica e está baseado na novela homónima en verso de Aleksandr Pushkin.

Greg izor & Piris

Greg Izor é un recoñecido bluesman norteamericano, mestre da harmónica. Iker Piris é un bluesman vasco e líder da banda The Románticos. Xuntos teñen un espectáculo de guitarra, harmónica e voz que utilizaron para abrir a primeira xornada do escenario do Fisterra Blues Experience.

Dan

Dan é un proxecto que fusiona músicos irlandeses, escoceses, ingleses e bretóns nunha produción a grande escala. Preséntanse, tal e como eles din, como un ‘grupo de obras coreografiadas por conxuntos distintos’, polo que os seus concertos son sinerxías musicais. Colaboran de forma íntima para lograr toda a forza do conxunto.

Xoel López

Concerto de Xoel López no Portamérica, incluído na xira de presentación do seu segundo traballo, ‘Paramales’ (Esmerarte 2015), publicado durante a primavera de 2015. É o álbum nº 13 na carreira de Xoel López, unha porta que se abre para deixar entrar aires contemporáneos e urbanitas en 13 cancións gravadas en Madrid, pero concibidas a ambas beiras do Atlántico.

TAB

Concerto na praia de Valarés. O grupo está de moda: foron recomendados por Peter Hook (New Order), elixidos por My Bloody Valentine para abrir a súa presentación en México, gañadores do Premio IMAS ao mellor grupo español e de catro Premios da Música Independente en 2011. Ademais, convertéronse nunha das referencias indiscutibles para outros artistas contemporáneos.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.