menú

Música para o outono en Tolemias

17/10/2018
Blog R

O outono é música en Tolemias. Ariel Rot, Blake Shelton, Fito y Fitipaldis, Linkin Park, Los Enemigos ou Madonna son algúns dos artistas que soan en outubro na suscripción Tolemias da televisión R.

Ariel Rot – ‘En Vivo Mucho Mejor’

‘En Vivo Mucho Mejor’ é un electrizante viaxe polos últimos anos do rock español, con cancións que viven na memoria colectiva e que atopan novas solucións sonoras nas súas versións en directo. Esa banda que soa como unha demoledora máquina do ritmo conta co apoio de Carlos Tarque (M-Clan) para poñerlle voz a algúns dos éxitos de Tequila; cun glorioso Dani Nel.lo aferrado a ese saxo que non admite comparación; coa inesperada colaboración do ex Pistones Ricardo Chirinos para cantar ‘El pistolero’ e co soporte incondicional de Ciro Fogliatta, un dos máis grandes teclistas do rock hispano.

Blake Shelton – ‘CMT Invitation Only’

Gravado ante unha pequena audiencia de estudo en Nashville, ‘CMT Invitation Only’: Blake Shelton” presenta a Blake interpretando algúns dos seus maiores éxitos. Esta actuación exclusiva inclúe tamén tres presentacións nunca antes vistas e unha sesión informal de preguntas e respostas cos fans.

Brian Setzer – ‘Rockabilly Riot: Osaka Rocka!’ – Live in Japan 2016

Concerto gravado o 18 de febreiro de 2016 en Osaka, Xapón. En vivo e en directo, inclúe cancións do aclamado álbum de estudo ‘Rockefelly Rio’, un traballo que respira rockabilly de principio a fin.

Fito y Fitipaldis – ‘Vivo… para contarlo’

‘Gañarse a vida tocando unha guitarra non é de tolos?’. A inquietante confesión saíu dos beizos dun nervioso pero sereno Fito Cabrales 24 horas antes do seu concerto baixo a lúa do pasado 19 de agosto na Aste Nagusia (Semana Grande) bilbaína. Esa mesma mañá e ante a prensa local xa expresara a súa última tolemia: ‘Gustaríame que asistisen 200.000 persoas’. Aquí tes o resultado dese concerto.

Jackson Browne – ‘I’ll Do Anything: Live In Concert’

O concerto inclúe dezasete actuacións e presenta aos seus vellos compañeiros de banda Fritz Lewak e Val McCallum, xunto con Sara Watkins, Sean Watkins e Tyler Chester. As actuacións pertencen á etapa da súa xira acústica de novembro de 2012 como parte da programación de concertos en vivo de AXS TV.

Jon Secada – ‘Live On Soundstage’

As cancións interpretadas inclúen cortes do recente tributo de Jon Secada ao cantante latino Beny More e tamén inclúe éxitos clásicos de Jon como ‘Just Another Day’ ou ‘Do You Believe In Us’.

Linkin Park – ‘Road To Revolution: Live At Milton Keynes’

É o quinto CD/DVD lanzado pola banda californiana Linkin Park, que consta dun concerto gravado no recinto National Bowl, na cidade de Milton Keynes, Reino Unido, o 29 de xuño de 2008.

Los Enemigos – ‘Hasta El Lunes’

‘Hasta El Lunes’ recolle o último concerto que ofreceu a banda na Riviera madrileña o 7 de abril de 2002, antes do seu soado reencontro sobre os escenarios no ano 2012. Todos os seus himnos, que son moitos, están neste concerto histórico no que o grupo repasou toda a súa discografía.

Madonna – ‘Sticky & Sweet Tour’

Oitava xira musical de concertos da cantante estadounidense Madonna, realizada durante os anos 2008 e 2009 para promocionar o seu undécimo álbum de estudo, ‘Hard Candy’. Esta xira devólvea aos escenarios de Latinoamérica despois dun período de 15 anos sen actuar alí en directo.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.