menú

As novidades de Tolemias en marzo

04/03/2019
Blog R

A subscrición Tolemias da televisión R chega cargada de novidades en marzo coa música de ‘Lisa and the Lips’, ‘Kepa Junkera’ ou ‘Los Enemigos’, entre outros.

‘Lisa and the Lips’

‘Lisa and the Lips’ é unha formación de esencia soul-funk e R&B coa voz única de Lisa Kekaula, a cantante dos míticos The Bellrays, xunto co seu guitarrista Bob Vennum. Neste concerto do Festival de Valarés do 2014, comparten escenario coa banda formada por Pablo Pérez, Pablo Rodas, Gabriel Casanova, Ernesto Millán, Iván do Castelo e Max Resnicosky, experimentados músicos doutros grupos.

‘Kepa Junkera’ FDL 2014

O compositor, produtor e músico ‘Kepa Junkera’ nace en Bilbao en 1965 e vive a súa infancia e xuventude no barrio de Rekalde. Isto marcou o seu carácter. Os seus primeiros contactos coa música véñenlle do seu avó materno quen, nas romerías de entón, acompañaba coa pandeireta a súa filla (a nai de Kepa) cando daba os primeiros pasos de baile como parella de Txilibrin. Dende entón, ‘Kepa Junkera’, autodidacta, inquedo e valente, comezará unha longa viaxe polo mundo da música tradicional. ‘Galiza’ é o traballo que no 2014 nos ofrece o artista onde, acompañado de importantes artistas galegos, fai un percorrido pola música tradicional galega.

‘Real Filharmonía de Galicia’ con Abe Rábade

‘Abe Rábade’ é un virtuoso do jazz. No Auditorio de Galicia está acompañado polo seu trío: Pablo Martín ao contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. A este grupo súmase neste impresionante concerto a Real Filharmonía de Galicia. Arranxar jazz para unha orquestra de tal calibre é unha tarefa moi complicada, pero a labor de Abe xunto co director Paul Daniels é espectacular.

‘Los Enemigos’ (FDL 2015)

‘Los Enemigos’ foi unha das bandas máis importantes do rock en español. No 2001 e 2002 publicaron ‘Obras Escocidas’ e ‘Obras Escondidas’, recompilatorios en directo da xira que serviu como despedida para os seus seguidores. No 2012 volveron de novo aos escenarios. Fixeron múltiples colaboracións en discos, como a homenaxe a Joan Manuel Serrat, Rosendo Mercado, Burning ou Federico García Lorca; ou as bandas sonoras de películas como ‘Teño unha casa’, de Mónica Lagoa, e ‘Se buscan fullmontis’, de Álex Calvo-Sotelo.

‘RFG’ – ‘Helmuth Rilling’ -‘ Concerto de Brandemburgo nº 4 en Sol M – Bach’

O concerto nº 4 é un dos máis luminosos, anuncia claramente o modelo de concerto que florecerá no estilo galante e, xa máis tarde, no clasicismo. Bach adaptou o cuarto concerto como último da colección de seis concertos para clavecín.

‘Treixadura’ en Pontevedra (2016)

Presentación do traballo ‘Vendima Tarda’ coa Banda de Música de Pontevedra e o Coro Cantigas e Agarimos nas festas da Peregrina do ano 2016 en Pontevedra. Destaca a interpretación de obras de música tradicional que resulta de tres formacións que non adoitan aparecer xuntas nun escenario.

‘Banda Crebinsky’ (Ortigueira 2017)

No ano 2009, un grupo de músicos únense para crear a banda sonora da película ‘Crebinsky’. Dado o éxito da cinta, a ‘Banda Crebinsky’ estivo 2 anos de xira por Galicia, España e Europa co proxecto ‘Universo Crebinsky’. Ese verán, o grupo lanzaba o seu segundo traballo, ‘Jet Lag’, no que se mesturan influencias da música galega, balcánica, rusa, francesa ou italiana.

‘A Roda’ (Ortigueira 2017)

‘A Roda Live’ é o primeiro disco en directo da agrupación. Este concerto é a culminación de 40 anos de historia. É un disco que pecha unha etapa máis ao mesmo tempo abre unha esperanza e un desexo: ’40 anos máis’.

‘Gwendal’ (Zas 2017)

O universo musical de ‘Gwendal’ ten as súas raíces en terras celtas. Dende a súa creación, no ano 1972, o grupo compón o esencial dos seus temas a partir de influencias do rock, jazz, folk e a música clásica da que proveñen cada un dos seus compoñentes.

‘María Toro Project’ – Festival Jazz Lugo 2017

‘María Toro’ colleu por primeira vez a frauta aos 8 anos. Nacida na Coruña en 1979, formouse e adquiriu experiencia en Madrid, Río de Xaneiro e Nova York. É nesta última cidade onde se mergulla na corrente de jazz contemporánea. En 2013 instálase en Río de Xaneiro, onde grava o seu segundo traballo, ‘Araras’, moi influenciado pola música popular brasileira.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.