menú

Novidades en Tolemias para maio

06/05/2019
Blog R

A poesía feita música, a danza e a improvisación, protagonistas en maio na subscrición Tolemias da televisión R.

Uxía – “Eterno Navegar”

Con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e composicións propias, chega “Eterno Navegar”, de Uxía Senlle. É o seu quinto disco en solitario. Trae ritmos de África mesturados cos sons atlánticos e interpretados de forma maxistral grazas ás colaboracións de Guadi Galego, Julio Pereira, Anxo Pintos e Rui Veloso, entre outros músicos excepcionais que acompañaron a artista na presentación do traballo no Auditorio de Galicia, en Santiago.

Narf Trío

Narf Trío presenta o disco-libro “Nas tardes escuras”, o máis recente proxecto discográfico de Fran Pérez Narf, no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador. En decembro de 2013, Fran Pérez Narf foi galardoado nos Premios Galegos da Música Martín Códax como o Mellor Artista galego na categoría de ‘Rock/Blues/Funk/Soul’.

Anxo Lorenzo Band

Anxo Lorenzo é un galardoado e virtuoso gaiteiro galego que leva viaxado por todo o circuíto dos festivais máis importantes de Europa. Destaca a intensidade que transmite ao público, eufórico, o que provoca unha reacción máis achegada aos xéneros modernos que á música tradicional.

Pedrito Diablo y los Cadáveras

A banda pontevedresa Pedrito Diablo y los Cadáveras nace no ano 2010 cando a compañía de teatro Fiesta Animación lles propón a Los Cadáveras facerse cargo da parte musical de un dos seus pasarrúas, “Calaveras y Diablitos”. Tras acadar un notable éxito, adaptan a súa música para salas de concertos, incorporando segunda guitarra e trompeta e cun repertorio inspirado no surf instrumental, pero con toques country, mariachi, groovie e rock & roll.

Corizonas

Corizonas é a unión das bandas Coronas e Arizona Baby. Uníronse no ano 2010 para a xira “Dos Bandas y un destino”. Este concerto no Festival de Valarés do 2014 demostra a química que tiveron na súa primeira xira, mantendo a formación de forma permanente e interpretando o seu primeiro traballo, “The News Today”, durante tres anos pola maioría dos festivais estatais.

Orquesta Metamovida

A Orquesta Metamovida é o resultado da reunión de 4 grupos (Unicornibot, Why Go, Cró!, Buogh!) no 2010 coa teima de facer un evento de música novo, onde predominase a improvisación.

Tribu Baharú

Tribu Baharú é un cambo afro-champetúo de músicos do Caribe colombiano, influenciados por ‘O Picó’, unha cultura con máis de 6 décadas de traxectoria. Esta música de pescadores recibe influencias do folclore colombiano, soukous, soweto, zouk, calipso, soca, kompa haitiano e reggae. O seu obxectivo é transmitir a alegría de ‘ser Caribe’ a través do baile, usando como vehículo a música.

Bostich”+ Fussible from Nortec Collective (Womex, 2014)

Nortec Collective é un colectivo de música electrónica formado en 1999 na cidade de Tijuana. Mesturan o son electrónico coa música setentrional tinguida de ‘espírito sinaloense’ e ‘tambora’.

Dominic Graham School of Irish Dance (Ortigueira, 2016)

A Dominic Graham School of Irish Dance foi fundada hai 35 anos por Dominic Graham, cando só tiña 17 anos. Ten sede en Portrush, na pintoresca costa septentrional da illa de Irlanda. Unha seleción de 100 bailaríns de todas as idades asistiron ao Fetival de Ortigueira, unha experiencia inolvidable ao volver actuar por terceira vez no mesmo sitio onde fixeron a súa primeira actuación internacional no ano 2005.

RFG Helmuth Rilling – “Suite para orquesta nº3 BMV 1068” – Bach

Bach escribiu un gran número de ouverture (suites) para instrumentos solistas. Aquí temos unha delas.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.