menú

Un Nadal internacional en Tolemias

18/12/2018
Blog R

Tolemias despide o ano cunha recompilación de Nadal do máis variado e internacional na que figuran Chris Isaak, Coldplay, Kylie Minogue ou Muse, entre outros. A mellor música, na televisión R.

Chris Isaak – Christmas Live On Soundstage

Chris Isaak é un músico, compositor e actor estadounidense. A súa música está ligada a grandes obras do cine moderno. A súa canción ‘Wicked Game’ foi o tema principal en ‘Corazón Salvaje’, de David Lynch, e en numerosas producións para televisión. Mesmo Kubrick escolleu unha composición de Isaak para incluír no seu último traballo, ‘Eyes Wide Shut’. Este concerto, gravado en 2004 por Soundstage Studios e coa presenza do xenial Brian McKnight, consistiu nun repaso en clave rock de todos os clásicos do Nadal típicos do folclore estadounidense.

Coldplay – Coldplay Live 2003

‘Live 2003’ é un álbum producido pola propia banda e lanzado á venda en novembro do 2003. Está composto polas cancións que Coldplay interpretou nos concertos do Horden Pavilion de Sídney do 21 e 22 de xullo do 2003. Inclúe unha canción nunca editada ata entón chamada ‘Moses’, que foi nominada aos Premios Grammy do 2004. Esta canción está dedicada á actriz Gwyneth Paltrow e serviu coma inspiración para o nome do seu segundo fillo co cantante Chris Martin, nado no 2006.

Kylie Minogue – A Kylie Christmas- Live from the Royal Albert Hall 2015

A gravación deste concerto realizouse na gala especial organizada no 2015 no Royal Albert Hall de Londres. Neste espectáculo podes desfrutar da interpretación das cancións publicadas no álbum ‘Kylie Christmas’, un recompilatorio dos maiores éxitos da dilatada traxectoria da artista australiana.

Loquillo – El Creyente (directo, Granada 2014)

Loquillo grava un álbum en directo cada década e nesta ocasión foi en Granada, a cidade berce do rock español. Nun abarrotado Palacio de Deportes, con máis de 7.000 fieis, Loquillo e a súa banda interpretaron o mellor do seu repertorio. Gravado en alta definición e dirixido polo cineasta Óscar Aibar, utilizáronse 16 cámaras para capturar todos os ángulos e ter a sensación de poder revivir este concerto dende a túa televisión.

Miguel Bosé – ‘Papitour’

Cando Miguel Bosé publicou o seu álbum ‘Papito’ en 2007, marcou un fito histórico na historia da música en español: durante dous anos consecutivos foi o disco máis vendido e realizou unha xira por España e América que durou case 3 anos. Este concerto recolle o máis importante desa xira na Praza de Touros das Ventas en Madrid. Un total de 31 éxitos coa colaboración especial de Ana Torroja, Bimba Bosé, Alaska, Leonor Watling e Rafa Sánchez.

Muse – Live At Rome Olympic Stadium

Espectáculo gravado o 6 de xullo de 2013 no estadio que lle dá título, nun concerto con máis de 60.000 asistentes, dentro da xira que ofreceu a banda inglesa ese mesmo ano. Como en todos os concertos de Muse, destaca a cantidade de efectos visuais e o deseño do escenario, incluíndo un espectáculo pirotécnico e de vídeo nun enorme sistema de pantallas, para acompañar á interpretación de 20 cancións emblemáticas.

Pica-Pica – ‘English Pitinglish’

Este é o terceiro traballo de Pica-Pica, titulado ‘English Pitinglish’, que inclúe 6 cancións en inglés con subtítulos que serven para facer un repaso de ‘Vocabulary’. Ten tamén 9 novas pezas en castelán.

The Rockettes – Radio City Christmas Spectacular starring The Rockets

‘The Christmas Spectacular’, protagonizada por Radio City Rockettes, é un espectáculo musical anual que se realiza no Radio City Music Hall de Nueva York. O musical, de 90 minutos, conta con máis de 140 artistas e cunha partitura orixinal en cada edición, ademais de combinar a música con canto en directo, baile e escenas de humor tradicionais. Está considerado como unha tradición do Nadal neoiorquino que se organiza todos os anos dende 1933.

Eme 15 – Wonderland Live (Zona Preferente)

O 18 de xaneiro de 2013 confirmouse a chegada dun terceiro traballo discográfico de Eme 15, chamado ‘Wonderland Live Zona Preferente’, que é o primeiro álbum en vivo da banda como parte da promoción do seu álbum debut ‘Eme 15’.

Kids United – Kids United (Live)

Kids United é un grupo musical francés de cinco nenos nados entre 2000 e 2007. Foi creado para apoiar as campañas de UNICEF e está patrocinado por Hélène Ségara e Corneille, dúas cantantes francófonas. O primeiro álbum, ‘Un monde meilleur’ (‘Un mundo mellor’) lanzouse o Día do Neno Universal en 2015 e foi Disco de Ouro en Francia.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.