menú

As novidades musicais en Tolemias en abril

08/04/2019
Blog R

A innovación e a tradición mestúranse en abril na subscrición Tolemias da televisión R.

‘Mighty Calacas’ – Sala Capitol

Os ‘Mighty Calacas’ estiveron na Sala Capitol dentro do ‘Festival Mundo Sons’ para dar o seu único concerto en España na xira do 2012. O grupo, liderado pola harmónica de Marcos Coll, trae con eles a súa interpretación da cultura mexicana filtrada polos ritmos blues, soul, funk e co groove típico da banda.

‘Rodrigo Romaní’

‘Rodrigo Romaní’ forma parte da historia do folk en Galicia. Está considerado o máis importante expoñente da arpa celta na Península. É tamén o responsable da súa expansión dende que en 1996 creou en Vigo a primeira aula estable de arpa céltica da península. Aquí temos o concerto presentación do seu terceiro disco en solitario ‘As Arpas de Breogán’.

‘Doctor Gringo’ – Sala Capitol

É un trío compostelano formado por Martín Esturao -guitarra e voz-, Héctor Tellería -contrabaixo e coros- e Fran Facal -batería-. Publicaron o seu primeiro disco, chamado ‘Dr. Gringo’, en febreiro de 2010. É un disco formado por 10 temas propios, unha adaptación ao inglés de ‘Yo dije Yeah’, de Siniestro Total, e a versión trasladada ao western do tema central da serie televisiva ‘Doctor Who’.

‘Miguel Costas’ – Sala Capitol

Compartiu escenario con artistas coma Madonna, Beck, Neil Young, ZZ Top, Scorpions ou Jethro Tull. Publicou máis de 200 cancións e vendeu máis de medio millón de álbumes da súa extensa discografía. Despois dun descanso, volveu aos escenarios no 2009 co traballo ‘Frente Atrás’, con 16 novas cancións. No 2011, realiza unha xira na que presenta o seu novo disco ‘Back is Back’.

‘Guidewires’ – Festival de Ortigueira

É unha banda de folk moi coñecida en Irlanda e na Bretaña francesa, xa que o seu estilo é unha fusión da música tradicional de ambas rexións. Os seus 5 compoñentes teñen tamén unha recoñecida fama a nivel individual. Pasaron polo Festival de Ortigueira co seu espectáculo no 2013.

‘The Undertones’ – Valarés 2014

É unha banda de punk rock formada en Derry, Irlanda do Norte, en 1975. Lanzaron trece singles e catro álbumes de estudio entre 1978 e 1983. No ano 1999, reuníronse de novo, con Paul McLoone como cantante.

‘Troker’ – Womex

É unha banda de jazz rock formada no 2003 en Jalisco, México. Non quere etiquetas, fai música instrumental nutrida de jazz e rock. É un sexteto independente que se involucra socialmente. Non só dá concertos para promover os seus discos; tamén teñen un programa para nenos, son talleristas, conferenciantes, fan música por encarga e continuamente prestan servizo social na súa comunidade e durante as súas xiras.

‘Real Filharmonía: Messias de Händel Haendel’

Nacido en Rávena (Italia), Enrico Onofri comezou a súa traxectoria como violinista cando Jordi Savall o invitou a ser concertino de La Capella Reial de Catalunya. Dende entón, tocou con conxuntos como o Concentus Musicus Wien, Ensemble Mosaïques e o Concerto Italiano. Neste concerto, interpreta xunto á Real Filharmonía de Galicia o ‘Messias de Händel Haendel’.

‘Riff Raff’ – Festival de la Luz 17

A banda fórmase no ano 95 co obxectivo de facer un especial de AC/DC. O seu primeiro directo funcionou moi ben, recibindo ofertas para seguir tocando xuntos. 20 anos despois, abriron concertos de grupos coma Los Suaves, Saratoga, Rosendo, Barón Rojo, Barricada, etc… ata chegar a ser en 2008 os teloneiros dos lendarios Whitesnake no Coliseum de A Coruña.

‘Nuria García’ – TMT II

Nuria García é a gañadora do concurso para emerxentes organizado por Tolemias. Empezou os estudios musicais á idade de 5 anos no Conservatorio Municipal de Badalona e aos 6 anos decide estudar violín, ata finalizar o Grao Profesional e posteriormente o Grao Superior de Música no Taller de Músics de Barcelona, na especialidade de jazz e música moderna.

Neste vídeo, Nuria presenta ‘Breathless’, unha proposta innovadora na que a música medra a través das novas tecnoloxías, mesturando o violín eléctrico con efectos, sintetizadores e bases electrónicas lanzadas dende diferentes controladores, creando loops e melodías moi orixinais e personais.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.