menú

Toda a tempada de “Vota Juan” en rebobina

16/04/2019
Blog R

Se es dos que quedaron coas ganas de ver “Vota Juan”, TNT e R poñen a túa dispoñibilidade toda a tempada 1 en rebobina.

Poderás desfrutala neste servizo baixo demanda dende o 12 ata o 25 de maio. Non perdas esta comedia política  protagonizada por Javier Cámara e María Pujalte. Humor e política mestúranse nesta serie.

“Vota Juan” está protagonizada por dous dos actores máis recoñecidos no noso país: Javier Cámara (‘Narcos’, ‘The Young Pope’) e María Pujalte (‘Los misterios de Laura’, ‘Periodistas’). Foi creada conxuntamente por Diego San José (‘Ocho apellidos vascos’) e Juan Cavestany (‘Vergüenza’). Víctor García León (‘Selfie’) e David Serrano (‘Tenemos que hablar’) encargáronse de dirixir os episodios.

Conseguirá Juan chegar á Moncloa?

Ambientada no mundo da política española, “Vota Juan” céntrase na figura dun gris ministro de Agricultura que, tras unha serie de casualidades políticas que espertan a súa ambición, preséntase ás primarias do seu partido. Así optaría logo á candidatura á Presidencia do Goberno. Intrigas de partido, envexas e crises rodean a Juan nesta difícil tarefa.

Pero non estará só no intento, xa que contará coa inestimable axuda da súa xefa de prensa, a súa xefa de gabinete e o seu asesor persoal. Un equipo de campaña que, do mesmo xeito que o seu líder, tratará de compensar a súa inexperiencia e falta de habilidade política con boas doses de picaresca e improvisación.

Unha comedia política española

Esta produción conta con oito episodios e supón unha das primeiras incursións en España nun xénero televisivo cunha longa tradición fóra do noso país: a comedia política.

Completan o elenco da serie Esty Quesada (‘Soy una pringada’), Nuria Mencía (‘Tirando a dar’) e Adam Jezierski (‘Con el culo al aire’), entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.