menú

TNT estrea ‘The Rookie’

09/10/2018
Blog R

TNT (dial 22) estrea serie policiaca o mércores 17 de outubro ás 22:15 h. Descubre ‘The Rookie’ na televisión R.

Tan só un día despois da súa estrea en EEUU, TNT estrea ‘The Rookie’, a nova serie protagonizada polo todoterreo Fillion (‘Castle’, Firefly’).

Con este procedimental policiaco, o carismático actor pasa á acción despois de gañarse o agarimo do público dando vida a un novelista de misterio na serie ‘Castle’. En ‘The Rookie’ pon o uniforme para dar vida a un inexperto policía.

Nathan Fillion, o novato máis veterano da comisaría

John Nolan é un corentón que, tras sufrir un incidente, decide cambiar radicalmente a súa vida e empezar de cero.

A súa chegada á comisaría de Los Ángeles convérteo no novato máis veterano do departamento, o que fai que os seus superiores o reciban con certo escepticismo. Non terminan de ver claro se é alguén válido para o posto ou simplemente un home de mediana idade en plena crise existencial.

Aínda que é o maior de todos eles, polo menos non está só no seu novo posto. Dous novatos de vinte anos interpretados por Titus Makin e Melissa O’Neil estarán tamén baixo as ordes de Afton Williamson, unha oficial recentemente ascendida.

Richard T. Jones interpreta o experimentado e duro Wade Grey e Mercedes Mason dá vida a unha das compañeiras da comisaría, un tanto irreverente, que se converte na confidente do protagonista. Haberá entre eles algo máis que confidencias?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.