menú

TNT estrea “The Detail”

13/08/2019
Blog R

O xoves 22 de agosto chega a TNT a serie “The Detail” ás 22:15 h. Emítense tres episodios desta serie policiaca protagonizada por tres mulleres detectives. Coñéceas na televisión R.

A detective Jacqueline “Jack” Cooper aprendeuno todo nas rúas. É impulsiva e astuta, pero a súa complicada vida persoal ameaza con saltar polo aire en calquera momento. A súa mentora é a detective Stevie Hall, toda unha experta nos interrogatorios e cuxo coñecemento da condición humana lle permite extraer información de sospeitosos e testemuñas, aínda que parece que non é suficiente para poñer en orde a súa propia vida. Ambas traballan baixo a supervisión de Fiona Currie, a experimentada xefa da unidade de homicidios, que se entrega en corpo e alma para manter o seu equipo en orde e as rúas seguras. Todas elas traballan no departamento de homicidios da policía metropolitana de Toronto.

Cada semana, un novo crime aterra nos seus escritorios para que este trío de mulleres policía investigue as razóns e a maneira nas que se cometeron os asasinatos. Todo se complica cando un misterioso caso con conexións persoais entra en escena.

 


 

Como ver “The Detail”

Só tes que ter calquera das opcións tv series ou tv familia da túa televisión R.

Lembra sintonizar as canles correctas para desfrutar de toda a programación:

  • Galicia: dial 22
  • León e Cantabria: dial 21

Tamén terás dispoñible a serie en rebobina.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.