menú

TNT estrea en formato maratón a terceira tempada de ‘The Last Original Gangster’

06/08/2020
Blog R

Se riches a gargalladas coas aventuras ou, mellor dito, desventuras deste atípico gánster, prepárate para a terceira tempada. TNT estrea os novos episodios de ‘The Last Original Gangster’ o martes 11 de agosto en formato maratón dende as 23:43 h.

Pero se non aguantas esperto toda a noite, dorme tranquilo porque o terás dispoñible ao completo en rebobina.

E se non viches nin un capítulo, podes empezar xa coas dúas primeiras tempadas en rebobina.

Quen é Tray?

Tray é un gánster exconvicto que tras pasar 15 anos entre reixas é liberado por bo comportamento. É entón cando decide dar á súa vida unha segunda oportunidade; pero non lle será nada fácil. Ao volver ao seu Brooklyn natal dáse conta de que nada é como o lembraba.

Que pasará na terceira tempada?

Despois de pasar un tempo nun centro de rehabilitación e facer que o seu posto de comida se incendiase, nesta nova tempada Tray vese obrigado a buscar un novo fogar e novas formas de gañar a vida. Empeza traballando como guía nunha cidade en permanente ebulición. Pero non tardará en chegarlle unha oportunidade de negocio, que podería significar grandes cambios para toda a familia.

Tracy Morgan

O humorista Tracy Morgan atópase á fronte desta comedia creada por Jordan Peele, gañador dun Oscar por ‘Déjame salir’.

Morgan é coñecido polas súas oito tempadas como membro de elenco de Saturday Night Live.

No reparto de ‘The Last Original Gangster’ acompáñalle a tamén humorista Tiffany Haddish, nomeada aos premios BET en 2019 polo seu papel nesta serie e elixida pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do mundo en 2018.

Non perdas esta estrea do verán na túa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.