menú

TNT estrea a sétima tempada de ‘The Flash’

18/03/2021
Blog R

Barry Allen enfúndase de novo o traxe de ‘The Flash’ a partir do venres 19 de marzo en TNT. O superheroe velocista de DC Comics estrea tempada, e xa van sete.

Que nos espera na nova tempada?

Nesta nova entrega, Iris West atópase atrapada máis aló do espello sen poder regresar á súa dimensión e co perigo de quedar atrapada para sempre nese reverso tenebroso. É o momento de que os heroes do ‘Team Flash’ tomen as rendas e salven o universo do perigo que ameaza dende a realidade espello.

Pero aínda que logren poñer as cousas no seu sitio, como é habitual, a paz non durará moito en Central City e un novo vilán chamado Chillblaine entra en escena. O actor Jon Cor métese na pel deste tipo malo e carismático obsesionado coa tecnoloxía ‘crioxénica’.

Ademais, Flash tampouco pode perder de vista á súa contrapartida velocista, Godspeed.

O superheroe máis veloz de DC Comics

Desarrollada por Greg Berlanti, ‘The Flash’ é a serie de DC Comics que segue as aventuras de Barry Allen. Cando se enfunda o seu traxe de superheroe convértese automaticamente en Flash, un loitador pola xustiza que é quen de moverse a unha velocidade sobrehumana. Como moitos outros superheroes, o protagonista está marcado por unha infancia traumática, xa que foi testemuña do asasinato da súa nai e o seu pai foi acusado do crime.

Grant Gustin repite no papel protagonista da serie acompañado, unha tempada máis, por Candice Patton, Carlos Valdes, Tom Cavanagh, Danielle Panabaker e Jesse L. Martin. O produtor Greg Berlanti, responsable de éxitos como ‘Arrow’ ou ‘Prodigal Son’, pon de novo a súa experiencia á fronte das series de DC Comics nesta sétima entrega de ‘The Flash’.

Por certo, sabes que ‘The Flash’ naceu como spin-off de ‘Arrow’? O personaxe apareceu nalgúns dos seus episodios antes de converterse no protagonista absoluto da súa propia serie.

Non perdas as novas aventuras de ‘The Flash’ dende o venres 19 de marzo na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.