menú

TNT estrea ‘Raised by Wolves’, creada por Ridley Scott

02/09/2020
Blog R

Temos a mellor ciencia ficción para ti na televisión R da man do mismísimo Ridley Scott. O xoves 10 de setembro estréase en TNT a serie ‘Raised by Wolves’.

O director británico de películas como ‘Alien’ ou ‘ Blade Runner’ trasládase ao mundo “seriéfilo” coa creación e a produción de ‘Raised by Wolves’. Encargouse, ademais, da dirección dos dous primeiros episodios.

Onde nos levea ‘Raised by Wolves’?

A serie transcorre nun misterioso planeta, aparentemente deshabitado, nun futuro no que a Terra foi destruída tras unha gran guerra. Alí, dous androides, Madre e Padre, tratan de levar a cabo a misión que lles foi encomendada: criar e protexer un neno humano.


O obxectivo complícase coa chegada inesperada dunha colonia de humanos enfrontada polas súas diferenzas relixiosas. Os androides non tardan en descubrir que pretender controlar as crenzas dos homes pode ser unha tarefa difícil e perigosa.

O cerco estréitase coa aparición, ademais, dun Lobo que ameaza as súas vidas.

Androides vs humanos

O elenco principal de ‘Raised by Wolves’ está formado pola actriz danesa Amanda Collins, que interpreta unha androide que vai descubrindo aos poucos os seus enormes poderes físicos e mentais; o seu compañeiro interprétao Abubakar Salim; e Travis Fimmel, a quen recoñeceredes como o Ragnar Lothbrok de ‘Vikingos’, métese na pel dun soldado que chega inesperadamente ao misterioso planeta no que se instalaron os dous androides e o neno ao que tratan de criar.

Ciencia ficción, loitas de poder, androides… a nova serie reúne todos os ingredientes necesarios para atraparnos nunha historia de dez capítulos que busca a supervivencia por encima de todo. Descúbrea na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.