menú

TNT estrea ‘Miracle Workers’

25/03/2019
Blog R

O venres 29 de marzo, ás 22:00 h, TNT estrea a comedia ‘Miracle Workers’. Humor e amor dende o ceo para a televisión R.

A serie está ambientada nun Paraíso un tanto distópico. Os seus protagonistas son Steve Buscemi (‘Fargo’, ‘Reservoir Dogs’) e Daniel Radcliffe (‘Harry Potter’), que encabeza por primeira vez unha serie de televisión.

Este ‘eventazo’ composto por 7 divertidísimos episodios está producido polo propio Radcliffe, Andrew Singer e Lorne Michaels (creador de ‘Saturday Night Live’) e está baseado no libro ‘What in God´s Name de Simon Rich’.

Unha serie ‘celestial’

A serie arrinca cun día normal de traballo nas oficinas do Paraíso. A Terra é un fervedoiro de desastres e Deus está cansado de tanta rutina, así que se propón un novo proxecto, para o que antes debe destruír a Terra.

Aterrados ante esta idea, dous anxos do montón, Craig e Eliza, idean a maneira de evitar que a Humanidade sexa aniquilada obrando o seu mellor milagre ata a data: facer que dous humanos se namoren. Unha tarefa case imposible.

Como ver ‘Miracle Workers’ en R

Podes ver ‘Miracle Workers’ se tes contratada a opción tv series, tv ocio ou calquera outro paquete de televisión R. Apunta o dial:

  • Dial 22: Galicia
  • Dial 21: León

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.