menú

TNT estrea ‘Maricón perdido’, a nova serie creada por Bob Pop

15/06/2021
Blog R

Queres coñecer a historia dun mozo de pobo que busca a súa identidade? Creada e escrita por Bob Pop e dirixida por Alejandro Marín, ‘Maricón perdido’ é unha ficción libremente inspirada na propia vida do escritor que se estrea en TNT o venres 18 de xuño ás 22:00 h.

Se fas da túa vida unha novela, tes que aprender a contarte

O protagonista de ‘Maricón perdido’ é un mozo de pobo que trata de buscar unha identidade propia e ao que irás atopando en diversas etapas da súa vida: os anos oitenta, cando é un adolescente con sobrepeso e afeccionado aos musicais; o período de descubrimento durante a súa etapa de estudante en Madrid; e o presente, onde o verás convertido xa en escritor.

Un elenco repleto de caras coñecidas

Gabriel Sánchez e Carlos González interpretan a Bob Pop nestas diferentes épocas. Candela Peña e Carlos Bardem son os pais do protagonista, cos que mantén unha relación conflitiva, e Miguel Rellán interpreta ao seu avó. Alba Flores encarna á súa mellor amiga na universidade no que é o primeiro papel da actriz nunha serie tras dar vida durante trinta e un episodios a Nairobi na exitosa ‘La casa de papel’.

Berto Romero, ademais de ser o produtor executivo da ficción, colaborou en distintas partes do proceso, achegando a súa experiencia como creador e compartindo todo o que aprendera da escritura de ‘Mira lo que has hecho’.

O elenco de ‘Maricón perdido’ complétano Guillermo Toledo, Marc Martínez, Ramón Pujol, Júlia Molins, Daniel Bayona, Michael Batista, María Romanillos, Roger Padilla, Javier Bódalo, Juan Olivares, Sergi Gibert, Berta Cascante ou Fernando Valdivielso, entre outros.

TNT segue apostando pola produción propia

‘Maricón perdido’ é unha nova aposta de TNT pola produción propia nun ano no que tamén estreou con grande éxito a segunda tempada de ‘Road Trip’ con Nuria Roca, Esty Quesada e Carmina Barrios.

Non perdas a historia de ‘Maricón perdido’ na nosa televisión R a partir do venres 18. E lembra que tamén tes todos os episodios dispoñibles en rebobina despois da súa emisión.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.