menú

TNT estrea ‘FBI’

30/10/2018
Blog R

O xoves 8 de novembro, ás 22:15 h, TNT (dial 22) estrea ‘FBI’, nova serie que mostra o talento, a tecnoloxía, a acción e a intelixencia que permiten manter a seguridade na cidade de Nova York. Seguimos a perseguir o crime na televisión R.

A oficina máis movida do FBI na Gran Mazá é o escenario no que os axentes Maggie Bell (Missy Peregrym) e Omar Adom ‘OA’ Zidan (Zeeko Zaki) se enfrontan ás ameazas do terrorismo e o crime organizado.

Para solucionar os casos de máxima complexidade aos que se enfrontan, Bell e OA contarán coa axuda do axente especial Juba Valentine (Jeremy Sisto) e da analista Kristen Chazal (Ebonee Noel). O crime nunca descansa e tampouco os axentes federais do FBI.

Un equipo con dilatada experiencia

Dick Wolf, creador de series tan recoñecidas como ‘Ley & Orden’, ‘Chicago Med’ ou ‘Hill Street Blues’, está detrás de ‘FBI’.

Rodada en Nova York, tratará de fuxir dun enfoque político para centrarse na realidade do traballo e nas investigacións do día a día dun equipo de elite cuxa vida persoal estará marcada pola constante loita contra o terror.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.