menú

“The Witcher”, en Netflix

26/12/2019
Blog R

Unha das series de fantasía máis esperadas do ano chegou á televisión R. “The Witcher” xa está dispoñible en Netflix, accesible dende a túa televisión R.

O bruxo Geralt, un cazador mutante de monstros, loita por atopar o seu lugar no mundo no que as persoas son frecuentemente máis perversas que as bestas.

Un mundo de fantasía e perigo

Ese mundo é “El Continente” e está habitado por seis razas humanoides intelixentes e por criaturas estrañas contra as que deben combater.

“The Witcher” está baseada nos libros homónimos escritos polo polaco Andrzej Sapkowski, que tamén serviron de base para unha exitosa triloxía de videoxogos de rol.

Henry Cavill, coñecido pola súa interpretanción de Superman, é o protagonista da serie. Acompáñano Freya Allan como Ciri, Anya Chalotra é Yennefer, Jodhi May interpreta á Raíña Calanthe, Mimi Ndiweni no papel da feiticeira Fringilla, Björn Hlynur Haraldsson como o Caballero Eist e MyAnna Buring como Tissaia, entre outros.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4K, podes acceder a Netflix e desfrutar da nova tempada “The Witcher”.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.