menú

Gañadores do concurso pola estrea da nova tempada de ‘The Walking Dead’ en FOX

03/10/2018
Blog R

A novena entrega da serie ‘The Walking Dead’ chega a FOX (dial 20) o luns 8 de outubro ás 22:00 h. O fenómeno zombi volve á televisión R.

FOX España ofrece unha estrea simultánea con EEUU na madrugada do domingo 7 ao luns 8 de outubro. E, con menos de 24 horas de diferenza respecto á estrea americana, chega tamén ao seu horario habitual de prime time, ás 22:00 h.

Un ano máis, a serie continúa co seu formato clásico de 16 episodios emitidos en dúas quendas: a primeira dende o 8 de outubro ata decembro e a segunda a partir do mes de febreiro.

A novena tempada chega con novidades e un anuncio sorpresa que deixou a máis dun pampo.

Novidades

Entre as novidades, hai que destacar a incorporación de Angela Kang como nova showrunner da serie, o que vén a ser a guionista principal e, ao tempo, produtora; unha muller á fronte dun mundo poboado por zombis que ela coñece moi ben. De feito, Kang está na serie dende a súa segunda tempada, cando se incorporou como Story Editor. Aos poucos, as súas funcións estendéronse e alcanzaron maior protagonismo dentro do equipo de produción, ata ser nomeada coprodutora executiva a partir da quinta tempada.

En paralelo á súa presenza en ‘The Walking Dead’, Kang desenvolveu outros proxectos televisivos con AMC e en 2016 foi elixida pola revista ‘Variety’ como un dos 10 guionistas de televisión que cómpre seguir de preto polo seu potencial.

Un anuncio sorpresa

Polo que respecta ás sorpresas, non podemos deixar de mencionar o anuncio realizado polo actor Andrew Lincoln durante a presentación da tempada no Comic Con de San Diego, cando confirmou que a novena será a última tempada do seu personaxe na serie. O que vaia pasar con Rick Grimes só o saben os seus creadores e o propio Lincoln.

Que lle deparará o destino a este personaxe capital da ficción de Robert Kirkman? A resposta, a partir do luns 8 de outubro no dial 20 da televisión R.

E por riba agasallos

Con motivo da estrea preparamos un pack moi especial para ti. Grazas a R e a FOX poderás gañar unha réplica do famoso bate Lucille de Negan, ademais dun DVD coa oitava tempada ao completo.

Estes son os afortunados gañadores:

  • Elías Silva
  • Jacobo Moisés Yepes
  • Gonzalo Fernández

Estas eran as bases legais, non deixes de consultalas.

Moita sorte!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

26 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Adrián García di:

    Eu chamarialle “Iluminada” xa que con ela sacoulles a moitos a sua iluminacion

  2. Avatar Spender di:

    Pois así de ver a Lucille co seu arame de espiño veume ó maxín a lembranza dunha vaca rubia que tiñamos na casa hai uns cuarenta anos.
    E que terá que ver unha vaca coa boa vella ultraviolencia que simboliza Lucille, preguntarédesvos. Bueno, preguntarédesvos se non sodes de campo, porque as vacas, tan mansiñas que se ven, de cando en vez tolean e turran e dan chimpos e asegúrovos que uns setecentos kilos de vaca marela furiosa choutando por unha corredoira tampouco cho resisten moitos zombis. Houbo unha vez que a vin (desde lonxe) saltar muxindo coma unha locomotora. Miña tía aboa, afouta como era, ben que soltou a corda e escapou correndo, e a min nunca me esquenceu ese medo súpeto.
    Despois deste momento bovino-magdalena, sen dúbida para min ‘Lucille’ en galego é ‘MARQUESA’, que ademáis de ás miñas lembranzas gandeiras pode remitir a unha aristocracia violenta, ao mando nas sociedades convulsas.

  3. Avatar Juan Pedrosa Mouzo di:

    Eu chamarialle fendetestas ou reventa miolos

  4. Avatar Pedro di:

    Eu chamarialle carmiña, nome mais característico e cariñoso galego non o hai!!!!!!!

  5. Avatar Liliana Requeijo di:

    Eu chamaríalle “Vouche dar o teu”

  6. Avatar Ricardo di:

    EU chamarialle VELUTINA despois dos zombis non se que outra cosa poder dar mais miedo en Galicia

  7. Avatar JOSE RAMON AMBROSIO di:

    Chamaria a Lucille “FIO MORDANTE”

  8. Avatar PABLO PRADA di:

    Nome proposto: COCHOFEITOR (Cazador de Cochofellos).

    “Cochofello vente ó cesto, que o COCHOFELLEITOR por ti aguarda…”

  9. Avatar María di:

    Eu chamaríalle a Velobate…. paréceme máis orixinal jejejje

  10. Avatar Jose Manuel Latas di:

    Hai que chamala Rosalía: pon a chorar a todo o mundo.